Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/06/2019 | Actualizada ás 18:22
O dron 'Targus' comezará a finais deste 2019 as súas probas de voo tras tres anos de traballo no polo aeronáutico de Rozas, en Castro de Rei. Así o avanzou o director de Vehículos Aéreos, Defensa e Seguridade de Indra, Javier Barcala, este xoves na terceira edición do Congreso Internacional Aeronáutico e Espacial, celebrado en Santiago de Compostela.
Esta nave é opcionalmente tripulada, polo que as primeiras probas de voo serán con tripulante. Segundo explica, a próxima meta en Rozas "é crear o Centro de Misión de Proceso de Datos, un centro no que xa están a traballar, que permitirá obter datos en tempo real tanto de naves non tripuladas como de circunstancias para optimizar a súa xestión, coordinación e eficiencia".
Pola súa banda, o conselleiro de Economía, Francisco Conde, destacou que este sector "está a crecer de forma exponencial", mentres prevé que "a frota de aeronaves vaise a multiplicar nos próximos 20 anos". Nesta liña, Conde, subliña o polo aeronáutico de Galicia deu lugar á creación de 400 empregos, mentres se executou a metade de 164 millóns que están programados.
OUTROS PROXECTOS
O III Congreso Aeronáutico e Espacial reuniu este xoves a máis de 200 empresas en Santiago de Compostela, con nomes como Boeing, así como diferentes institucións, nunha edición na que aumenta o seu peso internacional. Entre eles, estivo o catedrático da Universidade da Coruña Santiago Hernández, que informou sobre o proxecto 'Stratofly', que "nace co obxectivo de deseñar un avión que voará na estratosfera a 30 quilómetros de altitude co obxectivo de voar medio perímetro do planeta, 20.000 quilómetros en tres horas". "É dicir, será capaz de unir Londres e Sidney en tres horas", explica.
Neste proxecto, a UDC colabora con socios de toda Europa nunha nova aeronave "co fin de realizar voos comerciais a unha velocidade supersónica, superior á da luz". Tamén contou coa presenza de representantes da industria aeroespacial do coñecido como "milagre" de Querétaro (México), unha do cinco zonas que máis crecen no mundo na última década, que abordarán a súa intención de manter relacións con Europa.
Pola súa banda, o responsable de I+D de Boeing, Larry Lei, destacou a importancia que Galicia adquire no mundo a través de iniciativas como Galicia SkyWays Program. "Será un programa de proba e validación de continxencias de voos que creará un novo sistema de mobilidade integrada de voos tripulado e non tripulado, tanto para Boeing, como institucións públicas e a industria do sector aeronáutico", apunta.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.