Diferenzas importantes dentro do BNG sobre as reclamacións para entrar nas deputacións

Mentres o BNG de Vigo condiciona a súa entrada na Deputación de Pontevedra a ter grupo propio no concello, o de Monforte considera que pedirlle iso ao PSOE nas negociacións da Deputación de Lugo é unha “chantaxe”, “actitude mafiosa” e “caciquismo electoral”.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 27/06/2019 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

O BNG mantén posturas diferentes, e mesmo enfrontadas, sobre as súas reclamacións á hora de negociar co PSdeG para entrar nas deputacións provinciais. Por unha banda, o concelleiro do Bloque en Vigo, Xabier P. Igrexas, advertiu de que un impedimento do PSOE para crear o seu grupo municipal nesta cidade fará "moi difícil" que se alcance un acordo entre ambas as formacións na Deputación de Pontevedra. E, pola outra, o Consello Local do BNG en Monforte considera que pedirlle iso ao alcalde desa localidade, José Tomé –futuro presidente da Deputación de Lugo--, nas negocicións para entrar nesta institución, é unha “chantaxe”, “actitude mafiosa” e “caciquismo electoral”.

César Mosquera, Carmela Silva, Miguel Anxo Fernández Lores e Carlos Font na firma dun convenio
César Mosquera, Carmela Silva, Miguel Anxo Fernández Lores e Carlos Font na firma dun convenio | Fonte: Deputación de Pontevedra

Igrexas vinculou claramente este xoves o apoio do Bloque á Carmela Silva na Deputación de Pontevedra a ter grupo propiou no Concello de Vigo. Así, dixo que unha "hostilidade" como a de negarlle un grupo municipal propio en Vigo podería "dificultar" un acordo nos distintos puntos de Galicia e "non só na Deputación (de Pontevedra)" e apuntou que a Executiva Nacional do BNG, a encargada de orientar os procesos de negociación, "coñece" a situación da formación na cidade olívica.

O líder local do BNG lamentou que, ao converterse nun concelleiro non adscrito de acordo cunha decisión que definiu como "arbitraria", non contará con servizos como traballadores de apoio, espazo en Consistorio, un tempo mínimo de intervención nos plenos e asignación orzamentaria.

Ademais, volveu a criticar que o goberno local aludise á Lei de Administración Local de Galicia e lembrou que estipula que só as formacións que conten "con menos de dous concelleiros" se deben incluír no Grupo Mixto. Así, apuntou que Marea de Vigo sumou dous edís e que, con todo, tamén se lle negou a posibilidade de conformar un grupo municipal.

MONFORTE

Con todo, os argumentos escrimidos polo BNG de Vigo colisionan cos expresados polo BNG de Monforte, Así, tras reclamarlle hai uns días a concelleira de Esperta Monforte, Maribel García, ao BNG que negociara co alcalde desta localidade, José Tomé –futuro presidente da Deputación de Lugo--, ter grupo propio no concello á hora de apoialo na Deputación de Lugo, os nacionalistas responderon que iso son “actitudes mafiosas” e “caciqusimo electoral”

Ao obter un concelleiro cada un, Esperta Monforte e o BNG estarán no grupo mixto, como acontece co BNG e a Marea en Vigo. Terán que repartirse, por iso, as quendas de palabra e as asignacións dun único grupo. 

O consello local denunciou que Maribel García “pretende que o Bloque Nacionalista Galego actúe como unha asociación mafiosa, en troques de buscar unha solución honesta ao problema político creado”. “Pídenos que chantaxeemos ao PSOE agora que precisa dous votos do BNG para acadar a Deputación de Lugo”, recolle un comunicado remitido polos nacionalistas.

Para o Bloque, o que pide Esperta Monforte –que é o mesmo que pide o BNG de Vigo-- é unha forma de dirixir a súa acción política e deixa entrever unha forma de entender a política que non poden compartir. “O BNG rexeitou sempre e seguirá facéndoo, a praxe política do caciquismo electoral”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Gamela

¿ As Dedicacións exclusivas son compatibles coas Tenencias de Alcaldía ? Algún día teremos que poder acceder ás NÓMINAS COMPLETAS https://www.depo.gal/corporacion/re...

1 Gamela

O día que desaparezan as Deputacións Provinciais... estes chanchullos serán cousa do Parlamento de Galicia! Ata onde sabemos existen corporacións locais / autonómicas / estatais (e xa está ben de seguir sangrando á xente para sentar o cú nun sillón !) https://www.depo.gal/pleno En Vigo aínda vai ter sorte o carallo de Rubén !!! https://flic.kr/p/2ggUgHt Nesto é no que gastan as asignacións? En pagar a marca política de EU ?