A promotora da mina de Touro tenta desacreditar o científico estadounidense que cuestiona o proxecto

Cobre San Rafael carga contra Steven H. Emerman, quen apoia as plataformas que se opoñen á mina.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/06/2019 | Actualizada ás 20:14

Comparte esta noticia

Cobre San Rafael, promotora da mina de Touro-O Pino, desacreditou ao científico estadounidense Steven H. Emerman que este xoves cuestionou o proxecto nunha comparencencia de prensa organizada polas plataformas que se opoñen á mina.

O científico estadounidense Steven Emermand ofrece unha rolda de prensa con representantes da Plataforma contra a Mina de Touro-O Pino e 'Contraminacción'
O científico estadounidense Steven Emermand ofrece unha rolda de prensa con representantes da Plataforma contra a Mina de Touro-O Pino e 'Contraminacción'

"Buscan desinformar á sociedade galega", asegura a compañía mineira nun comunicado emitido horas despois de que Emerman asegurase que o proxecto de Touro-O Pino é unha "tolemia" e que podería converterse nunha "maldición para as xeracións futuras" polo seu deseño en cuestións de seguridade.

"Non só está a menosprezar o traballo de decenas de profesionais que participaron na confección do proxecto, senón tamén da propia lexislación española e da UE sobre minaría, sen dúbida, a máis avanzada do mundo en materia ambiental".

Ademais, cualifica ao doutor Steven H. Emerman de "suposto experto" que non é unha "persoa de referencia no sector", senón que está "financiado por organizacións antiminería", argúe a empresa para xustificar os seus ataques ao científico.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta