Morre unha parella de octoxenarios tras chocar o seu turismo e un camión en Mesía

O sinistro tivo lugar sobre as 13,30 horas deste xoves no lugar do empalme de Lanzá, na estrada N-634

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/07/2019 | Actualizada ás 15:35

Comparte esta noticia

Dous octoxenarios, un home e unha muller, faleceron este xoves ao chocar de forma frontal o turismo no que circulaban e un camión guindastre no termo municipal de Mesía (A Coruña).

Empalme de Lanzá, na estrada N-634 ao seu paso polo municipio de Mesía
Empalme de Lanzá, na estrada N-634 ao seu paso polo municipio de Mesía | Fonte: Google Maps.

Segundo os datos facilitados polo 112 Galicia a Europa Press, o sinistro tivo lugar sobre as 13,30 horas deste xoves no lugar do empalme de Lanzá, na estrada N-634 ao seu paso polo municipio de Mesía.

O servizo de emerxencias mobilizou aos Bombeiros de Ordes debido a que os dous ocupantes do turismo falecidos estaban atrapados no interior do vehículo.

Tamén foron informados o GES de Curtis e a Garda Civil de Tráfico, así como o Grupo de intervención psicolóxica en catástrofes e emerxencias (Gipce), por se fose necesaria a súa intervención.

O 061, sinalaron fontes sanitarias, desprazou ao momento unha ambulancia e dous equipos médicos de Teixeiro (Curtis) e Mesía, que confirmaron o falecemento no punto dos dous ocupantes do turismo. As vítimas deste accidente foron identificadas como unha muller de 82 anos, M.I.T. e o home J.O.V., de 84 anos de idade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta