Aumentar a competitividade centrándose nas persoas: o proxecto de 25 pemes galegas

Tal como explicou a Xunta nun comunicado, as empresas seleccionadas pertencen a sectores "moi diversos", como son o TIC, a formación, a alimentación, o deseño ou a construción, entre outros.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/07/2019 | Actualizada ás 16:54

Comparte esta noticia

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), acaba de publicar a lista das 25 pequenas e medianas empresas (pemes) seleccionadas para participar nun proxecto piloto para aumentar a súa competitividade e innovación apoiándose no deseño centrado nas persoas.

Así, tal como explicou a Xunta nun comunicado, as empresas seleccionadas pertencen a sectores "moi diversos", como son o TIC, a formación, a alimentación, o deseño ou a construción, entre outros.

Esta iniciativa enmárcase dentro do 'Programa de Deseño para a Innovación 2020', unha actuación do Goberno autonómico para impulsar o crecemento da economía galega a través da incorporación e a sistematización do deseño nas empresas como motor de innovación e de competitividade.

En concreto, inscríbese no proxecto europeo 'User Factor Design for userdriven innovation', financiado polo programa Interreg Atlántico, que ten como obxectivo apoiar a pemes no desenvolvemento de novos produtos e servizo innovadores mediante o uso de ferramentas de deseño centrado no usuario.

ACCIÓN PILOTO

A experiencia piloto consiste nunha acción de asesoramento para a definición de servizos ou produtos innovadores que integren o deseño. Un total de 13 empresas integraranse no itinerario de deseño de servizos e 12 no de produto.

O asesoramento estará a cargo de deseñadores expertos con experiencia nestes campos e constará de varias fases, como o diagnóstico da empresa para establecer o seu nivel de deseño ou un plan de mellora de servizos ou produtos con accións detalladas.

Innovación
Innovación | Fonte: Xunta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta