España promociona a aprendizaxe do castelán en Nixeria destacando “as cinco linguas oficiais” que hai no estado

O embaixador español neste país defende a tradución de autores españois ao yoruma e hausa para que os nixerianos poidan introducirse na aprendizaxe do castelán.

Por Galicia Confidencial | Nixeria | 11/07/2019 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

O Embaixador de España en Nixeria, Marcelino Ansorena, anunciou que o Goberno español publicará libros españois en yoruba e hausa, dúas das principais linguas nixerianas, para “reforzar relacións bilaterais entrambos os dous países”.

O libro Don Quijote de la Mancha
O libro Don Quijote de la Mancha | Fonte: libro Quixote

Nunha entrevista na Axencia de Noticia de Nixeria (NAN), Ansorena defendeu a diversidade lingüística e puxo como exemplo as cinco linguas oficiais que hai no Estado español: o galego, o aranés, o catalán, o euskera e o castelán, para defender a tradución de obras españolas a linguas nixerianas. Pero, o obxectivo final, dixo, é que aprendan “o español”.

Con todo, destacou  que a publicación de libros españois en linguas nixerianas serviría para que a poboación deste país “poida aprender español”. “O Goberno español é consciente do crecemento considerábel en exixencia para aprender español, por iso a necesidade de investir na tradución de libros”, dixo. “Colaboramos con editores nixerianos na aprendizaxe de español e queremos organizar a estrutura literaria para que os nixerianos poidan aprender a nosa lingua e interactuar con ela libremente”, engadiu.

Neste sentido, lembrou que "o español é unha lingua nativa falada por  500 millóns de persoas e utilizada por 60 millóns de persoas nos EE.UU".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 uu1

Outro inconstitucionalista, mais como é un constitucionalista centralista todo fica ben. “O castelán é a lingua española oficial do Estado.” Chamarlle español ao castelán é incumprir a constitúao vixente. En palabras de Castelao no Sempre en Galiza “Tamén se intentou chamarlle "idioma hespañol" á língoa de Castela. E eso si que non, tampouco. O castelán pode ser o idioma oficial do Estado; pero non é máis hespañol que o catalán, o galego e o vasco. Tódalas língoas que se falan na Hespaña son igoalmente hespañolas. E proclamamos esta verdade en nome do noso ideal hispánico.” E seguindo con Castelao e vindo todos estes centralistas so podemos dicir “Sendo galego non debo ser máis que galeguista.”

2 Un galego

O español non é a lingua NATIVA de 500 millóns. Poderá ser falada por 500 millóns, que é dubidosa a cifra, pero nativa non.

1 Riuriu

Estupenda iniciativa.