A obra dividida en 39 episodios, traducida ao galego por Ana Luísa Bouza, baséase nos manuscritos atopados no arquivo da Cámara do Congreso en 1910, manuscritos que formaban parte da herdanza de Juana de Veiga e que facían pública a súa visión desde dentro de palacio do que foi a rexencia de Espartero, que contradicía o relato oficial que xustificou o alzamento militar de 1843.