A novela 'No ventre do silencio', de Méndez Ferrín, estará dispoñible en inglés

A tradutora e editora norteamericana Lindsay Semel encargarase da súa tradución

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/01/2024 | Actualizada ás 12:05

Comparte esta noticia

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades e a Residencia Literaria 1863 resolveron a bolsa para o IV Edición da Residencia Xacobeo para tradutores de literatura galega. A autora este ano será a tradutora e editora norteamericana Lindsay Semel, que traducirá ao inglés a novela 'No ventre do silencio' de Xosé Luís Méndez Ferrín.

O obxectivo da residencia, explican, é "estimular e promocionar a tradución de obras literarias en galego, así como impulsar as letras galegas no estranxeiro". "Esta cuarta convocatoria é unha nova oportunidade para que un tradutor literario, neste caso Semel, poida traducir na obra galega nunhas condicións de excelencia e empapándose da cultura que as viu nacer", explicaron o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e a coordinadora da Residencia Literaria 1863, Yolanda Castaño.

A tradutora norteamericana gozará dunha estancia na Coruña durante todo o mes de marzo, instalándose na Residencia Literaria 1863, un apartamento do século XIX en pleno centro histórico, con vistas á dársena "e todas as comodidades, onde todo favorece a concentración no traballo para traducir a obra de Méndez Ferrín".

Ademais, inclúelle o billete aéreo desde Estados Unidos e unhas dietas para gastos básicos, así como acceso prioritario a museos, bibliotecas, concertos, encontros literarios, obras de teatro e outros eventos nunha cidade que conta cunha rica e diversa vida cultural.

Lindsay Semel. XUNTA DE GALICIA
Lindsay Semel. XUNTA DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta