O Senado gastará 250.000 euros máis ao ano en tradutores pola proposta de Feijóo de celebrar un pleno máis ao mes

O novo contrato, ao que tivo acceso Europa Press, pode alcanzar en total un importe máximo de 2.011.625 euros para os servizos de interpretación e tradución das intervencións realizadas nas linguas cooficiais, mentres que o primeiro contrato que se licitou estaba orzado inicialmente nun montante que podía chegar ata os 756.000 euros, é dicir, un incremento total de ata 1,25 millóns de euros, uns 250.000 euros extra ao ano.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 10/03/2024 | Actualizada ás 12:35

Comparte esta noticia

A Mesa do Senado, onde o PP ten maioría absoluta, volveu a licitar un contrato para os servizos de interpretación e tradución das linguas cooficiais, que supón un incremento de 250.000 euros extra ao ano respecto do que estaba orixinalmente orzado, debido á proposta lanzada polo líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, de celebrar un pleno máis ao mes na Cámara Alta.

O novo contrato, ao que tivo acceso Europa Press, pode alcanzar en total un importe máximo de 2.011.625 euros para os servizos de interpretación e tradución das intervencións realizadas nas linguas cooficiais, mentres que o primeiro contrato que se licitou estaba orzado inicialmente nun montante que podía chegar ata os 756.000 euros, é dicir, un incremento total de ata 1,25 millóns de euros, uns 250.000 euros extra ao ano.

A formulación que lanzou o líder do PP nunha reunión cos seus grupos parlamentarios de realizar un Pleno máis ao mes na Cámara Alta condicionou o orzamento deste contrato. A Mesa do Senado, con maioría do PP, deu o seu visto e prace á proposta de Feijóo e incrementou ata tres o número de sesións que se celebran ao mes.

Neste escenario, a Mesa do Senado desestimou o procedemento do contrato orixinal para licitar un novo texto cun orzamento que poderá alcanzar ata os 2,01 millóns de euros. Así consta na memoria xustificativa do contrato, onde se explica que o orzamento base de licitación para o período dun ano é de 402.325 euros, aínda que pode haber ata outras catro prórrogas, cun gasto estimado de 2,01 millóns de euros.

ANTES HABÍA UNHA BOLSA DE 16 TRADUTORES

Na actualidade, o uso das linguas cooficiais no Senado está acoutado ás mocións nas sesións plenarias, ás intervencións na Comisión Xeral das Comunidades Autónomas ou na presentación de escritos. Foi no ano 2005 cando se empezaron a incorporar as linguas cooficiais no Senado, a través da Comisión das Comunidades Autónomas. Para iso, a Cámara Alta seleccionou a 25 intérpretes-tradutores (sete para o catalán e seis para cada unha do resto de linguas cooficiais).

Con motivo da inclusión en 2010 das linguas cooficiais no debate das mocións do Pleno, a Mesa do Senado acordou que estes 25 intérpretes-tradutores tamén desenvolverían as súas funcións no Pleno. Con todo, actualmente só permanecen na lista de intérpretes dezaseis das vinte e cinco iniciais.

En 2023, o orzamento contempla un gasto de 280.000 euros para o servizo de interpretación e de 3.000 euros para o de transripción. A proposta formulada neste contrato, establece un orzamento máximo anual de 402.325 euros, contía maior ao anterior texto que se licitou, que establecía o orzamento máximo anuel en 151.250 euros.

O presidente do Senado, Pedro Rollán, a 14 de novembro de 2023, en Madrid
O presidente do Senado, Pedro Rollán, a 14 de novembro de 2023, en Madrid | Fonte: Carlos Luján - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta