Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/07/2019 | Actualizada ás 20:36
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, afirmou que entre os fondos de investimento que realizan compras en Galicia hai algúns que "dan máis seguridade" e outra "máis incerteza", pero dixo que non se lle poden poñer couto porque “estamos nun sistema de libre mercado”.
Na rolda de prensa tras o Consello da Xunta, preguntado por GC pola chegada a Galicia de diferentes fondos de investimento para realizar compras de compañías, entre elas, Ferroatlántica, Alcoa ou a concesionaria do Hospital Álvaro Cunqueiro, Feijóo lembrou que "ningún goberno" pode actuar neste asunto salvo "cando se trate de sectores estratéxicos da economía regulados por lei".
"O que é evidente é que seguimos con interese que fondos de investimento son. Hai fondos de investimento que nos dan máis seguridade e outros que nos dan máis incertezas", manifestou Feijóo, que destacou que o seu Goberno segue "os avatares dunha economía libre de mercado".
Algunhas das operacións protagonizadas por fondos de investimento nos últimos meses en Galicia foron as realizadas por TPG en Ferroatlántica e Parner na planta de Alcoa A Coruña, ou por River Rock European Capital Partner, na sociedade concesionaria do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.