A revista Coralia e o músico Budiño realizan un donativo ao Refuxio de Animais de Bando

O diñeiro será utilizado tanto para alimentos como para medicamentos, materiais e todo o que necesite o refuxio.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/07/2019 | Actualizada ás 12:31

Comparte esta noticia

A revista Coralia e o músico Xosé Manuel Budiño fixeron entrega este mércores dun donativo ao compostelán Refuxio de Animais de Bando, recadado durante unha presentación da revista na que se venderon exemplares de discos do músico.

A presidenta do Refuxio de Animais de Bando, Olalla García, deu a "benvida" a calquera axuda recibida, aínda que a contía desta non transcendeu. Por iso, mostrouse "encantada" de recibir un donativo coma este.

O refuxio de animais, situado nos arredores de Santiago de Compostela, no Monte do Gozo, ten agora mesmos 146 cans e 135 gatos que necesitan "comida, atención veterinaria, vacinas e, sobre todo, un fogar", asegurou García. O diñeiro, por tanto, será utilizado tanto para alimentos como para medicamentos, materiais e todo o que necesite o refuxio.

Can. ROYAL CANIN
Can. ROYAL CANIN | Fonte: MASCOTEROS SOLIDARIOS - Arquivo


"Desde aquí, fago un chamamento aos cidadáns para que adopten un animal, porque ademais adoptarán un amigo", engadiu a presidenta do refuxio. Pola súa banda, Budiño, cunha cadela chamada Cristal en brazos, sinalou que este xesto é un "pequeno gran de area" para que os animais teñan unha "vida mellor".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta