Pablo Igleisas debe dar un paso atrás

É inasumible que nin tan sequera se expoñan a facer novas eleccións xerais en novembro, é sinxelamente unha "majaderia", e un tremendo erro de cálculo do analista político de turno, sexa do PSOE, sexa de Podemos, unhas novas eleccións é unha moeda ao aire que podería propiciar unha entrada no goberno da dereita máis rancia dos últimos anos.

Por Carlos González Armada | Ferrol | 20/07/2019

Comparte esta noticia
É necesario que Pablo Iglesias dea un paso atrás, como el mesmo dixo xa varias veces isto non vai de sillons, nin de nomes, vai de programa...se é así, e o PSOE pretende poñerlle un veto, el debe demostrar que o importante é o programa, e que o importante é Podemos, se quere deixar ao PSOE co cu ao aire, puxéronllo en bandexa.
 
Se o importante é que Podemos este no goberno podemos é moita xente, non é só pablo Iglesias...enténdese que "os designados" por Podemos cumprirán as prerrogativas do Consello Cidadán Estatal, e este diríxeo Pablo Iglesias, o cal significa que o pretendido necesario control ao PSOE poderíaselle realizar desta forma .
 
Igualmente debe saberse que se o PSOE precisa aprobar leis ou orzamentos teñen que pasar pola aprobación do Congreso, estea Pablo Iglesias de ministro ou non, teña Podemos ministros ou non, e iso significa que sen os votos dos 42 deputados de Podemos a Pedro Sánchez faríaselle moi difícil gobernar...o exemplo práctico do control e co-goberno do que falo está en Portugal.
 
Por todo iso Pablo Iglesias debe dar un paso atrás, debe permitir que Podemos poida entrar no goberno e debe buscar a fórmula de controlar a un PSOE corrupto e  servil ao reximen do 78, por todo iso Pablo Iglesias agora debe demostrar que veu a rexenerar a política e non a ocupar o sillón doutro.
 
Fáiseme estraño que en Podemos todos os Pablistas falen de que o PSOE é corrupto, é de dereitas, é do réxime, que son lerchos e ladróns, pero que ao mesmo tempo ansien gobernar con eles, que en ningún momento contemplen ser o azoute de Pedro Sánchez, o vixiante do pobo, o que controlará que os corruptos "socialistas" do réxime deixen de roubar e campar ás súas anchas, que só contemplen gobernar con eles 
 
A posición da "familia"  anticapitalista de Podemos é moito máis coherente coa mensaxe inicial do partido morado, a posición do movemento "novo impulso" liderado por Fernando  Barredo tamén, o grupo de inscritos de Bases Podemos outro tanto, os Errejonistas que ainda quedan dentro de Podemos opinan o mesmo, e grupos que foron de Podemos como Máis Madrid ou  Xuntos Galicia, (antes  Xuntos Podemos), tamén cren que o importante é un goberno que aparte á dereita rancia do poder do Estado.
 
Finalmente un grupo duns 200 intelectuais de esquerdas sacaron un manifesto no que piden un acordo PSOE - PODEMOS, un goberno progresista, e inclusive persoas como Beatriz Talegon ou Gabriel Rufian pediron coherencia na Esquerda, un esforzo por gobernar para a xente.
 
Pablo Iglesias debe dar un paso atrás para demostrar que el é ese que decia ser, o das ideas dos de abaixo, o que nunca abandona ao seu pobo, o que cre que "o seu pais" é "a súa xente", o que chegou para cambialo todo, Pablo Iglesias debe dar un paso atrás porque de Pedro Sánchez nada se pode esperar, pero de Pablo Iglesias, que tantas veces xa nos decepcionou, aínda nos queda un raio de esperanza, se ese raio apágase apagouse Pablo e apagouse Podemos 

Pedro Sánchez (PSOE) e Pablo Iglesias (Podemos)
Pedro Sánchez (PSOE) e Pablo Iglesias (Podemos) | Fonte: RTVE.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Carlos González Armada Perito Xudicial, (Inxeñeiro e Criminologo), Coordinador Autonómico de XUNTOS (Máis Galicia), Voceiro municipal de Xuntos Porriño, (Máis Porriño).