Artigos de Xurxo Ayán

O zambombazo

Toda vez que se liberou o Alakrana é hora de que o xenial Ibáñez se anime e faga un volume monográfico sobre a xestión do secuestro do buque vasco. Para escachar a rir. Esa ministra de Defensa que a fan desaparecer detrás do telón durante o proceso de negociación para que non se queime e reaparece ao final para saír ao escenario a figurar de novo, coa súa faciana de actriz pésima, con ese ton solemne e grave dos nenos que queren pasar por maiores. Esas fragatas-pantasma da Armada española que semellan pilotadas polo holandés errante...

O Principiño

O Principiño recibe no seu palacio de Roma un grupo de congresistas vestidos para tan magna ocasión. Está como na súa casa, unicamente lle faltan as pantuflas. Ceremonioso, como lle gosta a el, fai un autopanexírico da súa traxectoria modélica ao servizo dos súbditos. Cita con agradecemento a axuda dun colega da súa cidade de Brigantia, unha xenerosa aportación que permite arranxar algúns detalliños de palacio e de paso deixar a súa pegada persoal para a Historia con maiúsculas...

El separatismo va a llegar

Os chamados nacionalismos periféricos foron desbancados nos últimos tempos dos gobernos autonómicos de Euskadi e Galicia, mentres que en Catalunya CIU leva xa anos na oposición. Algo farían. O interesante é que esta conxuntura política semella ser utilizada como lei natural por partidos estatais e medios de comunicación (prensa rosa, deportiva e seria) que, da man do Goberno de España, levan un ano guindando á opinión pública patéticos alegatos patrioteiros. Non fai falla irse aos xornais e radios de ultradereita para comprobar esta prática obsesiva. Bastou que a selección de fútbol gañase o Europeo en Austria para dar paso a un ridículo constante e recorrente no que vale todo. Unha campaña pro-olimpíadas feita a imaxe e semellanza duns políticos ambiciosos, demagogos e populistas en plena crise económica, que falan en nome do pobo español...