Artigos de Xurxo Ayán

A estadea ou pranto polo Seminario de Estudos Galegos. Unha contestación a Juan Salgado do Correo Gallego

Ya sabrá que el último día del año pasado, fiesta de San Silvestre, el Rector de la Universidad ordenó que se trasladase la biblioteca del Seminario para la Universidad, local de la Biblioteca América. Se acarretó en el mismo día por medio de un carricoche tirado por un penco y con cestas llevadas por mujeres. Los libros iban en montones, todos mezclados y cayendo por los suelos, sin cuidado alguno. Las gentes, ante semejante espectáculo, quedaban pasmadas y preguntaban de qué se trataba. Los mozos y porteros respondían: “Es la biblioteca de los galleguistas”. Carta de Jesús Carro García a X. R. Fernández Oxea, 20-II-1942

Un heroe

Hai dez anos arribei á cidade croata de Zadar, na costa dálmata, para participar nun congreso europeo de Arqueoloxía. Entre a liña da costa e a serra prelitoral, nas abas e encostas, remanecían os casarellas orfas, as aldeas isoladas dende as que emigraran no seu día labregos e labregas camiño de Australia.

Meirás: capital do celtofeixismo

Evidentemente eu gosto máis de ler as cartas de amor que enviaba a Bazán a Galdós (recolleitas nesa marabilla que é “Miquiño Mío”), cás sentenzas de morte firmadas polo ditador Franco. Ambos tipos de documentos conflúen no espazo cinguido polas paredes do pazo de Meirás. Un edificio que está agora en boca de todos e que segue gardando segredos, para disgusto da Fundación Francisco Franco. O que non sabe moita xente de a pé é que canda as hectáreas de xardíns, parcelas e outros bens inmobles, tamén foi parar a maos do “Caudillo” un castro. É curioso este vencello dos poboados fortificados co Poder e o ContraPoder: Bautista Álvarez velado polos camaradas no Centro de Interpretación da Cidá de San Cibrán de Lás, a antiga Lansbriga…

Supertrump e antifeixismo en Harvard

En 1989 un arqueólogo español estivo de estancia en Harvard. Nesta universidade americana atópanse as millores bibliotecas do mundo. Daquela, este investigador puido acceder á Biblioteca Revolucionaria, emprazada no baixo dun edificio do campus.

Un oso renacido

O ano pasado trunfou nos Óscar a adaptación cinematográfica dunha novela de Michael Punke, O Renacido, con Leonardo DiCaprio como protagonista estelar.

Cultura do País

Os e as responsables da promoción turística de Galicia unicamente pensan no verao, a época da éxtase, dos visitantes convertidos en números, das cifras, as estatísticas e os pelegríns. O país pensado coma un xeodestino. Estes tecnócratas mesmo denuncian unha sorte de autoxenreira que impide o despegue turístico, como se cita textualmente nese informe firmado por Carmen Pardo encol da Ribeira Sacra. O que non queren saber estes burócratas é que para que haxa turismo de calidade ten que haber cultura de país detrás, unha cultura da que terman orgullosos loitadores anónimos nos cuarteis de inverno. Porque é na invernía onde se mantén acesa a facha da cultura deste país.

A estilográfica

Nunca esquencerei a Wolde, o inspector que o Goberno etíope tivo a ben adxudicarnos na nosa campaña etnoarqueolóxica polas lindeiras terras de Gambela, entre Abisinia e Sudán do Sur. Sendo noviño, Wolde participara de xeito entusiasta na revolución que decorrara ao “negus” Haile Selassie en 1974. Seguindo o modelo da Revolución cubana, el foi un dos estudantes universitarios que marcharon ás zonas rurais para alfabetizar a cazadores-recolectores, a labregos, a sociedades de xefaturas.

Narf

No fermoso festival das Cores do Outono que se celebrou na vila de A Pobra do Brollón a fins de setembro pasado a cantante Uxía comentounos que o seu compañeiro de xeiras e fatigas no escenario, Fran Pérez, Narf, estaba “maliño”. Que inxusta a negra sombra: deixa que medren as cores a flor de pel. Onte a morte saíu á rúa, como cantaba o Zeca Afonso. Na tarde escura de onte, cando se fan máis cortas as risas e máis negras as desventuras, sentín un estralo no corazón cando souben a nova do pasamento de Narf. O seu ollar poético e o seu sorriso semellábannos aos que admirábamos a súa música e o seu xeito de estar no mundo, eternos.