Artigos de Álvaro Rodríguez

A ilusión e a realidade

Podemos, Anova, mareas dalgúns pobos e EsquerdaUnida pecharon unha candidatura conxunta despois de criticarse ácidamente e de chegar a romper a unidade de actuación. Con este feito compróbase que a esquerda rupturista é un mito. Aínda que a punto estiveron de eliminar ao BNG, xa que ao PSOE-PP só reforzáronos.

A dictadura da apariencia

Alá en 1977 unha profesora de ciencia política alemá, Elisabeth Noelle- Neumann, expuxo a súa teoría da espiral. Analizou o funcionamento dos medios de comunicación sobre os cidadáns, e chegou á conclusión de que as persoas non se atreven a ir en contra da opinión defendida polos medios de comunicación, xa que se o fan son marxinadas e atacadas. Consideraba que nesta sociedade as ideas contrarías ao sistema dominante, eran atacadas e desprestixiadas. Ante esa realidade, os individuos optaban polo silencio.

Elites do capitalismo, e culpa da “desaceleración”

Nas eleccións xerais do ano 2008, o bipartidismo (PP-PSOE) obtivo o 83,81% dos votos emitidos, (21.567.345 votos). Nas eleccións do pasado 10 de novembro, cunha participación inferior nun 4% á do ano 2008, o bipartidismo PP-PSOE obtivo o 44,90% dos votos expresados, ou o que é o mesmo, 11.772.852 votos, sendo case a metade dos obtidos nas votacións de 2008. E lembremos que en abril de 2019 o PP-PSOE sacou o 48,32%. En ambos os casos, abril ou novembro, obtiveron menos do 50 % dos votos. E iso dun censo total de 34.798.204 en novembro de 2019. É dicir, do censo total de españois con dereito a voto, os votos ao PP-PSOE representan o 33,83 dos cidadáns con dereito a voto. En conclusión, ao día da data o PP-PSOE ten un terzo de apoio popular.

Medidas “urxentes”, “sen deixar a ninguén atrás”, e tal e tal

A chamada Folga Mundial polo Clima realizouse o día 27 de setembro. Nas súas proclamas reclamaban medidas “urxentes” entre as que o máis inmediato era “reducir a cero” as emisións de carbono.

Antipopulistas, populistas e loita de élites

O concepto de populismo sempre foi usado como un adxectivo peyorativo, e excepcionalmente como un substantivo. A excepción esta en os Naródnik, que deron lugar ao primeiro partido revolucionario ruso: «A Vontade do Pobo» (en ruso: Naródnaya Volya). Máis sempre o termo populista foi utilizado como unha inxuria polo poder establecido desde o século XIX, o poder liberal.

Análise política da UE e o papel do Reino de España

Non existe unanimidade sobre a natureza política da UE. No presente artigo pretendemos expoñer a visión defendida por certos pensadores, que é diferente á divulgada polos medios de comunicación dominantes. Os autores que citamos e expoñemos o seu pensamento en relación á UE, son da dereita e esquerda, españois e estranxeiros, e iso a través de estudos, ensaios e artigos publicados nos últimos 15 anos.

O gran engano: propaganda e mentira do globalismo e a realidade galega

O presente estudo pretende aclarar ideas e conceptos sobre o globalismo que está a arrasar a economía e sociedade galega. E iso desde o radicalismo democrático contra a gran mentira hexemónica.

Inmigración e II Restauración en Galicia

En 2018 sucedeu un feito político de dimensión máxima. A prensa galega, nas súas portadas, La Voz de Galicia, Faro de Vigo, El Correo Gallego, A Opinión, A Rexión, Diario de Pontevedra, ABC, sección Galicia, trasladábannos a última “Directriz” aprobada polo Goberno galego.