Artigos de Xesús Veiga

As futbolistas rachan o teito de cristal

Cando se enumeren, no futuro, aqueles acontecementos que contribuíron a desenvolver un maior clima de conciencia e compromiso a respecto da igualdade entre homes e mulleres no seo do corpo social, citaranse, sen dúbida, os feitos sucedidos a partir da vitoria da selección española de fútbol feminino no Campionato do Mundo e o comportamento machista protagonizado polo presidente da Real Federación Española de Fútbol (RFEF), Luis Rubiales.

Oportunidades e dificultades da proposta de Urkullu

O recente artigo de Iñigo Urkullu no diario "El País" reabriu o debate -polo demais, nunca concluído- sobre a estruturación territorial do Estado español. É certo que estamos ante unha opinión emitida nun formato xornalístico e que, por tanto, non se trata dun documento debidamente sistematizado e formalizado asumido polo actual presidente do goberno vasco. Non se lle poden pedir os niveis de precisión e concreción que serían esixíbeis a unha resolución aprobada polo PNV ou polo propio goberno de Euskadi (hipótese polo demais inviábel debido á presenza do PSE no propio executivo vasco).

Do fracaso seguro de Feijóo á incerteza de Sánchez

Despois de repetilo cunha teimosía digna de mellor causa, Feijoo xa ten o seu "xoguete": grazas a unha moi discutíbel decisión do titular da Casa Real, será candidato á investidura como presidente do goberno do Estado, sabendo que non dispón dos apoios parlamentares requiridos para obter semellante obxectivo.

Feijóo aposta pola repetición electoral

Na política, como noutras actividades humanas, é preciso coñecer ben a realidade para deseñar plans de actuación que servan para efectivizar as propostas dirixidas á sociedade.

O primeiro grande fracaso de Núñez Feijóo

Como xa teño afirmado nesta páxina, os resultados das urnas do pasado día 23 podían xerar dous grandes escenarios parlamentares: unha maioría absoluta de escanos de PP e Vox ou unha eventual suma aritmética daquelas formacións políticas que non querían conformar -por diversas razóns- acordos de gobernabilidade coa dereita e a extrema dereita.

O dilema do 23 de xullo

Nestes días previos á cita electoral do 23 de Xullo, a case totalidade das análises recoñecen a transcendencia dos seus resultados na configuración da futura gobernabilidade do Estado español. O dilema está servido: ou a maioría parlamentaria da última lexislatura renova a súa hexemonía nas urnas ou asistiremos a unha importante involución política da man dun acordo entre o PP e Vox.

A gobernabilidade dos concellos galegos despois do 28M

O proceso de conformación dos gobernos municipais galegos, a partir dos resultados rexistrados o pasado 28-M, deparou dúas circunstancias merecentes dalgunhas reflexións mais demoradas: o pacto subscrito entre o PP e Pérez Jácome e os acordos de gobernabilidade entre PSdG e BNG.

Retorno do bipartidismo?

Dende o pasado 28 de Maio, unha pantasma percorre o escenario político do Estado español: o retorno do bipartidismo. Que verosimilitude ten semellante hipótese? E, no seu caso, cal sería a dimensión real dese eventual cambio?
Xesús  Veiga Buxán Licenciado en CC.EE. pola Universidade de Bilbao. Profesor –dende o ano 1974- no Departamento de Organización de Empresas e Comercialización da Facultade de CC.EE. da USC. Dirixente do MCG. Posteriormente, foi dirixente de Inzar.Foi deputado polo BNG no Parlamento galego dende 1993 ao 2005. Dende Setembro do ano 2005 ate o mes de Abril do ano 2009 foi asesor para asuntos económicos no Gabinete da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia.