Artigos de Xosé Glez.

Partidos, sindicatos e organizacións sociais

O Foro E. Peinador e a Irmandade Galega de Adegueiros veñen de presentar unha nova edición da campaña “Consumo gustos etiquetados en galego” dirixida a sensibilizar aos consumidores galegos na preferenza polas marcas que se identifican coa nosa lingua. Esta iniciativa conta co apoio dun numeroso grupo de personaxes populares das artes, letras, medios de comunicación e organizacións sociais, que están axudando a espallar a mensaxe.

Irmandade da sanidade galega

O profesor e investigador Ricardo Gurriarán é o autor dun libro títulado “Ciencia e conciencia na Universidade de Santiago de Compostela (1900-1940)”, un percorrido polo período histórico máis brillante do século pasado con nomes propios apenas coñecidos polas novas fornadas de profesionais das ciencias da saúde. Todas as biografías reseñadas comparten o compromiso coa sociedade a través do galeguismo.

Alonso Montero, fillo adoptivo do concello de Ribadavia

O Concello de Ribadavia convócanos o próximo día 24 ao acto institucional no que o profesor Xesús Alonso Montero será nomeado Fillo Adoptivo.

Restaurar memoria

A organización territorial de Galicia está formada por tres mil setecentas cincuenta parroquias con cadanseu camposanto. Iso, sen contar a maiores os cemiterios municipais, que son ao pé de cen. Estes espazos comunais embelecidos moitos deles por unha arquitectura fúnebre singular, son depositarios da memoria colectiva; homes e mulleres que en vida falaron maioritariamente no idioma propio de Galicia. Pois ben, estas “parroquias de mortos”, segundo expresión acuñada polos antropólogos, son escenarios de visita obrigada unha vez ao ano, alomenos. No rural son máis frecuentes.

O asociacionismo cultural en Galicia

Asistín á inauguración da exposición “Un canto e unha luz” que compendia o labor realizados polo asociacionismo cultural entre os anos 1961 e 1975. O seu comisario, Ricardo Gurriarán, fixo un labor de investigación rigoroso, rescatando das brétemas do tempo documentos e información recollida nas entrevistas que mantivo cos seus protagonistas.

Mondariz-Balneario

Contan as crónicas que rematada a guerra civil as autoridades franquistas da Coruña mandaron cortar a páxina do Rexistro Civil na que figuraba a inscrición de nacemento de Casares Quiroga. Con aquel xesto inútil quixeron os inquisidores do novo réxime borralo da historia. De pouco lles valeu, porque a a memoria restableceuse co paso do tempo.

Galeguiza Galicia

Esta é a divisa dun grupo de entidades que ten como única misión acrecentar o discurso do galeguismo con propostas innovadoras alén dos lindes da tradición literaria.

ConsumoGustos etiquetados en galego

Nunha anterior colaboración dedicada ó acto fundacional da Irmandade Galega de Adegueiros faciamos algunhas reflexións sobre os efectos que está a provocar a críse económica no noso agro.