Artigos de Xosé Glez.

Galeguizar xantares e ceas de empresas

Estamos ás portas coma quen di das celebracións do nadal. Os hostaleiros preparan xa as súas ofertas para os xantares e ceas de empresa ofrecendo variados menús. E os encargados de os organizar elixirán os mellores prezos; ou se cadra non. En todo caso, o criterio para a faceren a escolla é o embute do condumio.

Homenaxe a Pepe Velo

O profesor Américo Rodríguez é o autor dunha colaboración publicada no Boletim Cultural de Melgaço titulado “Refugiados e guerrilheiros antifranquistas em Castro Laboreiro (1936-1943)”, na que debulla migalleiramente as vicisitudes de moitos galegos que fuxiron do terror do fascismo no ano 1936.

O restauro da memoria

De facer testamento, faino a tempo. Está e a recomendación do refrán popular. A decana do Colexios de Notarios de Galicia escribía hai uns días que cando as persoas se enfrentan á vellez e á morte, hai quen, a veces con vontade, medita sobre o seu testamento, revísao, revógao e refaino, dedicando as súas enerxías a que todo quede ben amañado e que se cumpra trala súa morte o que revela ao notario como a súa derradeira vontade”. Unha previsión moi recorrente nos galegos.

Falando da publicidade en galego

O Parlamento de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística e o Foro E. Peinador convocan un ano máis os Premios de Publicidade en Galego. Os premios están dirixidos ás empresas anunciantes, ás axencias de publicidade e aos centros educativos públicos, privados ou concertados especializados nalgunhas das áreas de coñecemento que teñan que ver coa publicidade, polos traballo publicitarios que realicen e polo seu desenvolvemento técnico, respectivamente.

Mudan os tempos, mudan os costumes

O patrimonio cultural galego é moi vulnerable. Tanto, que cando algunha parte desaparece só queda del a memoria, que pouco é. Este feito prodúcese por activa e por pasiva. Polos que podendo preservalo prefiren, por falta de autoestima, desprezalo; son os que senten maior esntusiasmo polo alleo que polo propio. Mais hai outro sector numeroso da sociedade que non é plenamente consciente da riqueza do noso acervo cultural e influído polos primeiros, súmanse a ese lamentable proceder.

Facendo pé nas raíces da terra

Reme Martínez, desde as terras de Trives envíame un video que ela mesma lle gravou ao seu pai, Pepe Guindeiro, no que aparece aventando a semente dos nabos na súa leira. Chamoume a atención observar a mestria con que fai a sementeira en terra labrada con sucos ben dereitiños. Como ben di a filla: se o fago eu, no primeiro remeneo do brazo espeto medio paquete de nabos.

Os agostos da represión franquista

Despois da sublevación militar de xullo de 1936, agosto, o mes máis festeiro do ano, unha orxía de sangue tinguíu a xeografía galega.Un mes que quedou gravado a lume na historia de Galicia. Non quedou concello, grande ou pequeño, vila ou aldea na que a represión fascistas non deixara tirados nas gavias dos camiños centos de cadávares de asasinados. Eran os paseados, as vítimas da Falanxe que sacaba dos cárceres aos detidos para matalos a mantenta nos muros dos cemiterios ou en calquera lugar afastado.

Embaixada do Couto Mixto en Melgaço

Releo as memoria de António Fontes escritas por Eugénio Pintos. Fala nelas o Padre Fontes das vicisitudes vividas polos moradores dunha doutro lado da raia seca na súa loita pola supervivencia. Xentes que tiñan como medio de vida traficaren con produtos que escaseaban alén e aquen, intermediarios que levaban unha pequena parte do que custaban as mercadorías. Lembro agora as vivencias que tiven nas moitas veces que andei por Tourén, Pitôes das Júnias, Vilar de Perdizes, Cambedo, Soutelinho e Lamadarcos, e tantos outros pobos do Barroso e Tras-Os-Montes.