Artigos de Valentin Carrera

Vinte empresas (¿galegas?) modelo

O xornal decano da prensa galega, Faro de Vigo, pertence ao inversor canario Javier Moll; Edicións Xerais ao grupo francés Havas; o Banco Etcheverría a un millonario venezolano; Reganosa está participada por Argelia e o famoso “operador galego” R pertence a unha empresa de Luxemburgo.

Nova directiva de hipotecas: unha boa noticia para Europa e Galicia

Si o PSdeG non fose un partido cainita en proceso concursal de autoliquidación e suicidio, deixando orfos para as dúas próximas lexislaturas aos votantes socialistas, esta semana centraría a súa atención pública non na martingala das primarias, que non interesa a ninguén máis que aos seus propios embigos, si non nunha importante nova de raíces socialistas galegas e de ámbito, alcance e repercusión europea.

Máis sobre Pescanova: os documentos da CNMV

Pescanova vaise ao garete e o primeiro en abandonar o barco é o capitán, deixando un fenda de 3.000 millóns de débeda na liña de flotación.

Capitán Pescanova: millóns liofilizados ao vapor

¿Ordenou o Presidente da Xunta, antes de viaxar a México, abrir unha investigación interna na Consellería de Economía sobre as cuantiosas axudas entregadas polo IGAPE a Pescanova?

Chantaxe

“Desde hai xa anos, supoño que coa intención de amedrentarme, fixéronme chegar mensaxes privadas e insinuacións públicas de que se farían chegar [as fotos con Marcial Dorado] aos medios de comunicación” afirma Alberto Núñez Feijóo no comunicado, asinado a título persoal, con cabeceira do Grupo Parlamentario Popular, remitido á prensa o domingo 31 de marzo ás 00:45 h.

O cardeal Pachi promove a Papa

Tiña dúbidas entre “vello raposo” e “pillabán” para describir con exactitude, que non insultar, ao líder socialista galego, Pachi Vázquez, cando desde La Región, Xabier R. Blanco esculpiu “raposo” co cicel da súa ironía: “Pachi é tan raposo como José Luís Baltar”. Amén.

Dereito a decidir

A disputa fratricida entre PSOE e PSC a conta do “dereito a decidir”, referido a Cataluña, mostra a desapiadada mecánica coa que operan os partidos baixo a fórmula “disciplina de voto”. A discrepancia política de fondo non se resolve, disólvese con multas de 600 euros e ceses, con disciplina, como na mili ou na escola franquista.

Paula Prado forever

¿Cantas veces tirouse dos pelos Feijóo pola súa metedura de pata o día que propuxo a Conde Roa como candidato á Alcaldía de Santiago? Non foi o seu único erro, como recordou hai pouco Domingos Sampedro: as estrelas municipais de Feijóo van caendo como os dez negriños de Agatha Christie: Corina Porro en Vigo, Telmo Martín en Pontevedra, Conde Roa e quizais o de Ames sexa o próximo.