Artigos de Jorge M.de la Calle

Un ano perdido para o teatro galego

Como afirma o mestre Dario Fo na súa mensaxe do Día Mundial do Teatro, “actualmente, actores e compañías teatrais teñen dificultades para atopar escenarios públicos, teatros e espectadores, todo por culpa da crise”. Entre o Día Mundial do ano pasado e este apenas mudou nada, a mesma sensación de déjà vu, agás que todo foi a peor.

“Stop Desafiuzamentos”: Si se pode!!!

Este martes foi un día grande, algo atípico nalgúns parlamentos. Concretamente no español e o francés. Na cámara gala aprobábase o matrimonio homosexual, unha gran guerra gañada e unha conquista fundamental na equiparación dos dereitos colectivos e individuais dunha gran parte da poboación francesa. A outra foi a sorpresiva admisión a trámite da iniciativa lexislativa popular en contra dos desafiuzamentos, asinada por case millón e medio de cidadáns, e unha das só tres admitidas a trámite en toda a historia da exigua democracia española. Os comportamentos e as reaccións nas cámaras galega e española son un síntoma do déficit de democracia que vivimos.

Por unha Fronte Popular de Esquerda

(Este artigo escribino hai unha semana coa intención de publicalo inmediatamente antes das eleccións, mais non foi posible publicar algo tan “electoral” nese momento. Non facía máis que clarexar algunhas das incógnitas arredor de Alternativa Galega de Esquerda e as súas intencións e motivacións. Ben, non fixo falta, os resultados foron espectaculares, mais paréceme oportuno volver sobre el para toda esa xente que votou a AGE mais non está informada dabondo sobre o seu candidato principal e algúns conceptos desta novidosa coalición -mais non inédita na Historia de Galiza-, así como, por suposto e sobre todo, a xente que non a votou só por maior descoñecemento e non porque non fose afín. Deixo por aquí o artigo tal e como o escribín para aquel domingo, con algunhas acotacións á marxe feitas “a posteriori” cunha primeira lectura do ocorrido, que continuarei en posteriores entregas.)

12 de Outubro: “españolizar” América

Indignaríanme máis as palabras do ministro Wert se non fose porque xa me teñen acostumado, se non fose porque non me sorprende nada en eles. E indignaríame menos se non fose porque “españolizar”, nas verbas da dereita, que sempre foi o adalid do orgullo patrio, tanto se era dunha nación con Estado como sen el, sempre significou outra cousa, ben distinta que “vivencia equilibrada de dúas identidades”. E para iso basta con documentarse historicamente un pouco sobre o que significa esta data de hoxe.

Carne Cruda: o xornalismo de calidade non cabe na radio "pública" do PP

Unha das escasas cousas moi positivas do legado de Zapatero (o que os criminais da rúa Génova chaman “herdanza recibida”) foi unha radiotelevisión pública de calidade e altamente independente que recibiu numerosos premios, elevou as cotas de audiencia a máximos históricos e inaugurou unha época de liberdade dos profesionais tras toda unha historia de control político inaugurada por Franco e selada, ironicamente, por Rajoy. Alí por outubro de 2009, nos inicios da crise, hai exactamente 3 anos e 33 días, Carne Cruda chegaba á grella de Radio 3, a emisora de espírito mais novo, minoritario e contracultural das seis que conforman o ente público, un oasis de liberdade que resistiu con maior ou menor éxito os embates do tempo e os gobernos.

A semana máis "negra"

Rematou por fin a semana máis “negra”. “Negra” do carbón dos mineiros reprimidos, e “negra” polo cariz que está tomando a política do PP e os seus anuncios sucesivos de recortes e demolición do Estado de Benestar. “Negra” polo estado de ánimo da xente, polas protestas contra o PP e o nivel da indignación social, que podería -e debería- desembocar nunha auténtica revolta. Unha semana que se inaugurou coa “Marcha Negra”, que seguiu co anuncio do maior paquete de recortes da Historia, que continuou con protestas por toda a xeografía española, e rematará mañá con outra gran manifestación, á que se van sumar tódolos sectores afectados pola política antisocial e antisistema –eles si o son- do PP.

Ardor Patriota (Forza Italia!!!)

Parece que hoxe este país –Estado- se teña detido, con tódalas súas bandeiras vermellas e amarelas ondeando á vez, fervor patriota aceso de repente, para apoiar a un pequeno exército de aguerridos combatentes, ataviados con camiseta, pantalón curto e zapatillas con tacos, que representan de súpeto tódalas ilusións e aspiracións que nos quedaban.

Orgullo e Prexuízo (Día da Dignidade LGTB)

“Gay” significa, en inglés, “alegre”. Con tódolos matices que iso supón: xovial, festivo, divertido... Foi o termo que os anglosaxóns acuñaron para diferencialo do termo “homosexual”, máis científico e, tamén, con tinguiduras patolóxicas.
Jorge M. de la Calle Jorge M. de la Calle, “Moz” (A Coruña, 1982), é xornalista e fotógrafo, licenciado en Xornalismo pola Facultade de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, na especialidade de Xornalismo Electrónico. Traballou breve e precariamente en La Región, La Voz de Galicia, Xornal de Galicia, Revista ECO e Cadena Ser, aínda que a mellor maneira de exercer a profesión para el é por libre e de xeito independente, con colaboracións habituais para Galicia Hoxe, Praza, Diagonal, GC e Mundogaliza.com, dinamizando as redes sociais coas súas fotos e reportaxes, e implicándose en calquera causa social na que pague a pena ser activista. Mantén esporadicamente dous blogues, entre o sentimental e o actual, entre a música (a súa gran paixón), o cinema, o político e o literario, ou todo xunto: Fifteen Minutes with you e As outras voces, este integramente en galego.