Artigos de Jorge M.de la Calle

28 de Decembro de 2011: Perder a inocencia

28 de decembro. Día dos Santos Inocentes. A primeira inocentada que me atopo, nada máis abrir o xornal, ou a ventá no ordenador: “O rei cobrou un soldo de 292.752 euros en 2011”.

Cineuropa: 25 anos abrindo ollos

Rematou Cineuropa. E rematou a 25ª edición, a máis arriscada, tanto pola crise como polo nivel das películas, ou pola esixencia de celebrar unhas vodas de prata que se presumían difíciles ante estes tempos incertos. Mais o público compostelán e chegado de fóra respondeu como nunca, e a asistencia incrementouse nun 6%, acadando o teito de 34.000 espectadores, a mellor cifra ata o de agora.

Democracia

A “festa da democracia”, como a chaman. Unha vez cada catro anos prostituímos os nosos soños, as nosas arelas de cambio, entregando a nosa confianza a candidatos farsantes que nos prometen o imposible a cambio de poder. Prostitúen a nosa confianza e a súa dignidade. O meu reino por un voto.
Jorge M. de la Calle Jorge M. de la Calle, “Moz” (A Coruña, 1982), é xornalista e fotógrafo, licenciado en Xornalismo pola Facultade de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, na especialidade de Xornalismo Electrónico. Traballou breve e precariamente en La Región, La Voz de Galicia, Xornal de Galicia, Revista ECO e Cadena Ser, aínda que a mellor maneira de exercer a profesión para el é por libre e de xeito independente, con colaboracións habituais para Galicia Hoxe, Praza, Diagonal, GC e Mundogaliza.com, dinamizando as redes sociais coas súas fotos e reportaxes, e implicándose en calquera causa social na que pague a pena ser activista. Mantén esporadicamente dous blogues, entre o sentimental e o actual, entre a música (a súa gran paixón), o cinema, o político e o literario, ou todo xunto: Fifteen Minutes with you e As outras voces, este integramente en galego.