Artigos de María Xosé Porteiro

O sorriso de Manuel (En memoria de Manuel Cordeiro Monteagudo)

Sabíase que estaba moi enfermo desde había uns meses e que a situación non tiña volta atrás, que se iría máis cedo que tarde porque o seu ciclo vital estaba cumprido.

A nosa terra

No conxunto do mundo as mulleres constitúen, como media, o 43% da man de obra no campo e en algúns lugares chegan ao 70%. Comparten coas dos ámbitos urbáns a desigualdade e a discriminación, pero no seu caso é moito máis grave, sobre todo no acceso –moi limitado- ao crédito, á saúde e á educación.

Xornada maxistral

Polas presas que se están a dar, @s ministr@s do PP semellan estar a competir nunha carreira frenética para ver quen apreta máis o paso e lle da antes a volta aos dereitos e aos avances de cidadanía que os case que oito anos de goberno socialista deixaron no país.
María Xosé Porteiro María Xosé Porteiro naceu en Madrid nunha familia de orixe galega e asturiana. Viviu dos 4 aos 14 anos na emigración, en La Habana. Posteriormente instalouse en Vigo onde traballa no sector da comunicación desde finais dos anos 70. É autora de varias publicacións que abranguen ensaio, biografía e narrativa. Militante do PsdeG, foi concelleira en Vigo, deputada no Parlamento galego e no Congreso español, membro do Consello de Europa e Delegada da Xunta de Galicia no exterior. En 2009 foille concedida a Encomenda ao Mérito Civil polo Consello de Ministros.