Artigos de Lois Pérez Leira

Rexemento Inmortal: 78 aniversario da derrota da Alemaña nazi polo Exército Vermello

Este 9 de maio fai 78 anos do Día da Vitoria do Exército Vermello contra a Alemaña fascista. O 9 de maio foi a data na que Stalin obrigou á Alemaña nazi a asinar a súa rendición en Berlín.

República e emigración galega.: 90 aniversario

As eleccións municipais do 12 de abril de 1931 foron determinantes para a proclamación da republica: a pesar de que os monárquicos habían logrando un resultado destacado en votos, as máis importantes cidades do Estado quedaban en mans dos republicanos.

O voto

Porque votar o BNG ou ao Partido Comunista dos Traballadores?

BNG ou Partido Comunista dos Traballadores

Achéganse as eleccións nun escenario esperpéntico. A partidocracia do sistema está feliz na súa salsa. Todos aspiran a sentarse no Olimpo. Primeiro prometen o ceo e o paraíso. Logo cheos levan ata o inferno.

Día da Muller

Outro ano mais conmemorando o día da muller, intentando que as mulleres logren definitivamente todos os dereitos que durante séculos lles foron negados, polos distintos sistemas sociais. Desde a aparición da propiedade privada, a muller paso a ser propiedade do home e todas as sociedades abalaron esta situación. Aínda que as mulleres non son un suxeito histórico por encima ou á marxe das clases sociais, non hai liberación social dos homes traballadores, sen a participación en términos de igualdade da muller.

A esquerda galega en “terapia intensiva”

Malia as mensaxes de boas intencións dalgunhas organizacións políticas, o certo é que a esquerda galega presentarase desunida, nas distintas convocatorias electorais.

A Armada Brancaleone foise a Madrid

Pensei que fora un zapatazo pero Xosé Manuel Brancaleone tan só por descoido golpeo a mesa. O ruído non foi escoitado, os seus cabaleiros molestáronse polo importuno e os seus antigos palmeiros non escoitaron nada. Todo foi silencio. Un mortal silencio. Outra vez a cabalgar sen destino certo. Agora son varias as batallas para dar ao mesmo tempo.

E chegou o zapatazo de Beiras

De súpeto Xosé Manuel Bracaleone saíu do seu castelo encantado, onde un piano recorda as melodías doutros tempos. E o verde de Galicia coas súas flores eternas perfuman un pasado de gloria. Novamente subiuse ao seu burro canso e decidiu seguir cabalgado. Os máis próximos entenderon que a orde era continuar batallando. Aínda faltaban moitas batallas por dar. Baixo as bandeiras de Breogan e Castelao, a Armada comezou a cabalgar cara a Compostela.
Lois Pérez Leira Naceu en Vigo en 1953, emigrando á Arxentina cos seus pais sendo aínda un neno. En 1990 retorno definitivamente a Galicia, especializándose en temas migratorios. Durante estes últimos anos escribiu numerosos libros sobre a emigración galega e impartiu distintas conferencias en distintos países do mundo. Nos últimos anos se dedicou ao documentalismo sendo director de 18 documentais. Na actualidade é o secretario xeral de Nova Esquerda Socialista, organización que participa do Novo Proyecto Común. Foi distinguido en numerososa oportunidades, sendo nomeado cidadán ilustre da cidade de Salvador de Bahia.