Artigos de X.A. Pérez-Lema

O PSOE, a Monarquía e a democracia

O segundo pagamento con fins de regularizamento fiscal do Emérito e máis a falla de civismo das súas fillas, visitándoo en Abu Dhabi á custa dos gastos de seguranza estatais e aproveitando para facer turismo de vacina ,agravou substancialmente a xa mancada imaxe pública da Monarquía borbónica.

Catalunya votou por un goberno independentista

Convén lembrar a realidade das elecciónz nacionais catalás do 14-F que os opinantes de quenda próximas aos partidos do goberno estatal (PSOE-Podemos) e as súas filiais (ou sucursais) catalás PSC e os Comuns queren reconducir a cousas que non son nin serán, sexa cal for o sistema métrico que usemos.

Cárcere e liberdade de expresión

Velaí o grande balbordo xerado polo prendemento de Pablo Hásél para que cumprise unha pena de nove meses de cárcere imposta pola chamada “Audiencia Nacional” (Tribunal de excepción que vulnera o principio constitucional do xuiz natural da Convención europea de dereitos humanos-CEDH) polos delictos de inxurias ao anterior Xefe de Estado e aos funcionarios policiais e de loubanzas ao terrorismo .

O independentismo acada o 51% dos votos

Estas eleccións catalás xogáronse coas cartas marcadas. As anteriores foron fixadas polo 155 de Rajoy, Rivera e Pedro Sánchez. A maioría independentista (70 s/ 135 daquela) non puido investir nin Puigdemont, nin Jordi Sánchez polas decisións do Tribunal Supremo (TS) español. O remate da lexislatura tamén o sinalou o TS coa insólita condena penal do president Torra. Mesmo a data foi determinada polos Tribunais españois.

Coruña fala galego

Pois si. A cidade galega con máis persoas galegofalantes (en termos absolutos, porcentualmente Lugo, Ourense e Compostela melloran os seus números) xa ten aprobado inicialmente unha normativa municipal de seu a prol do galego, na vía de amañarmos a desfeita galegófoba de Paco Vázquez.

A Santa Alianza unionista

Confésolles o meu absoluto abraio. Eu pensaba que nestes tempos de pandemia o importante era a saúde individual e colectiva, como único vieiro posíbel cara a reconstrución económica.

O cárcere dentro do cárcere

A Constitución e a Lei Xeral penitenciaria española recoñecen que o reisertamento social dos penados é a principal finalidade da pena. O Estado español, con case 60.000 persoas presas, ten unha das maiores poboacións penitenciarias europeas cun dos seus menores índices de criminalidade.

E logo non había miragres

Non vou negar unha certa responsabilidade da cidadanía nos altos níveis de afección vírica desta terceira ondada da pandemia.
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.