Artigos de X.A. Pérez-Lema

A corresponsabilidade do accidente

É cedo de máis para calquera conclusión definitiva a respecto do complexo causal que xerou a catástrofe da curva d’A Grandeira. Mais as decisións adoptadas nos últimos días por ADIF e RENFE e as caixas negras son ben elocuentes.

Transparencia e obxectividade

Pois resulta que algúns deses medios, escritos ou audiovisuais de Madrid -si, os que chegaron tarde- non tiñan abondo con rachar a lei non escrita do respecto pola intimidade das vítimas, que si cumpriron canda o 11-S e 11-M, para agora encetar un sistemático linchamento do maquinista Garzón. Claro é que o Goberno do Estado traballa mán con mán con eles para proxectar a idea: “temos un culpábel”.

Lexitimidade de orixe e de exercicio

Adoitan dicir Rajoy e Feijóo que, na democracia, son as eleccións as que determinan maiorías e gobernos. E teñen razón,malia que iso non prexudique o debate sobre a reforma que precisa un sistema tan desaquelado coma éste, onde un partido co 45% dos votos e menos do 28% do corpo electoral pode acadar o 55% dos escanos. Porén, seguen ser as regras de xogo. E éstas hai que cumprilas mentres dure o partido.

Corrupción e recentralización

A presunción de inocencia segue a abeirar a todos os afectados no “caso Bárcenas-PP”,mais a información ao dispór reflicte xa pegadas moi consistentes da responsabilidade política do PP como organización.

O afundimento do PP e PSOE

Non é só que unha enquisa recente lles dese xuntos ao PP e ao PSOE 225 deputados no canto dos máis de 320 obtidos no 2008.É que as revelacións dos últimos días a respecto dos casos Bárcenas e ERES andaluces son abraiantes. Porque todo vai apuntando a que o sistema de financiamento do PP estatal era substancialmente ilegal e que esta ilegalidade foi coñecida por Aznar e Rajoy. No caso andaluz dos ERES, as revelacións chegaron ao cerne do Goberno autonómico, mentres IU segue a lexitimar coa súa presenza no Goberno andaluz unha situación insostíbel.

España non representa os intereses galegos

A eventual declaración de incompatibilidade co Dereito da UE do chamado “tax lease”, canda a prohibición para construir barcos a Navantia-Fene, que Aznar pactou coa UE para salvar Navantia das perdas xeradas pola ineficiencia andaluza e cartaxenera, reflicten que España nunca entendeu a importancia da construción naval galega. Tampouco entendeu nunca a importancia da nosa industria conserveira, da nosa pesca e, en xeral, do carácter fulcral e estratéxico do noso sistema produtivo mar-industria.

Condenarmos a violencia

A violencia política de baixa intensidade non existe. Pór unha bomba é sempre un acto de violencia e terror, aínda cando se procure non causar vítimas persoais.

Partidos e sociedade civil

A depresión económica decatounos das grandes feblezas do noso sistema político-institucional.
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.