Artigos de X.A. Pérez-Lema

España: Nin proxecto nin identidade

A España da transición batía récords de paro e aturaba un sistema fiscal inxusto e uns equipamentos e renda “per capita” moi inferiores á media europea.

Máis do mesmo

A proclamación de Felipe de Borbón como novo Xefe de Estado non foi quén de transmitir ningunha caste de pulo renovador ou transformador, senón pura continuidade, cando non continuismo.

A monarquía como problema

En termos estritamente abstractos, o confronto entre República e Monarquía é moi desigual, pola evidente eiva democrática da provisión hereditaria propia da Monarquía. No caso español, asemade, a Monarquìa foi instaurada “ex novo” por Franco no 1969. Velaí a falla absoluta de lexitimidade de orixe do rei Juan Carlos à altura da fin do 1975, cando principiou o seu mandato.

Decidirmos o futuro constitucional

As pasadas eleccións europeas, a reivindicación catalá do dereito a decidir (que semella podería continuar Euskadi) e máis a abdicación do Xefe do Estado amosan graves fendas nos tres alicerces do sistema institucional en crise: a Coroa, o bipartidismo dinástico e máis un determinado concepto da unidade de España que non recoñece a súa plurinacionalidade. Se a iso lle engadimos a desafección cidadá xerada pola corrupción enxergaremos a fondísima crise institucional que estamos a vivir.

As bágoas de Fernando Vázquez

Cando Fernando Vázquez choraba este sábado no banco deportivista, logo de acadar o ascenso da equipa galega á División de honra, moitos partillamos a súa ledicia e a súa emoción. Porque o ascenso do Depor a Primeira supón para a Cidade e a área urbana e, tamén, para toda Galicia unha grande oportunidade. Ao suceso deportivo (ascender do inferno da Segunda é un obxectivo sempre moi difícil) engádeselle o negocio que xerará para a hostalería e outros sectores empresariais coruñeses o fútbol de primeira e máis a viabilización do convenio concursal de acredores e o extraconcursal coa Axencia Tributaria. O Dépor poderá pagar as súas débedas,entre elas a que ten co Fisco que somos todos e este feito sempre será positivo. Unha tempada máis na Segunda e a liquidación do clube tería sido case inevitábel. O que deixaría á Facenda pública sen cobrar.

A desfeita do bipartidismo

PP e PSOE tiveron o peor resultado dos últimos 25 anos en Galicia e no Estado. O PP baixa ao 35% na Galicia, perdendo quince pontos a respecto do 50% obtido no 2009 e o PSOE ao 21% fronte ao 35% que tiña hai cinco anos.

Sonlles así

Os comentarios machistas do candidato Arias Cañete reflicten unha mentalidade antiga, prexuizosa e pouco aquelada á propia dunha sociedade europea, moderna e avanzada. Chove sobre mollado, porque xa no 2000 proclamara nunha das súas ocorrencias que o regadío había que usalo con xeito, como ás mulleres. E, para a nosa desgraza non é o único caso. Porque estamos diante dun fenómeno bastante xeralizado na sociedade. Hoxe é o machismo, mais tamén o racismo e a homofobia.

Recoñecermos o dereito a decidir

O proceso da sociedade civil catalá cara o recoñecemento do seu dereito de decisión, a desafección da maioría vasca a respecto da súa integración constitucional no Estado e máis a gravísima crise política xerada pola ocupación das institucións polo bipartidismo dinástico obriga pensar en solucións xurídico-constitucionais que fagan coexistir o dereito a decidir coa estabilidade dos acordos constitucionais para a convivencia común das distintas nacións no Estado. Non por acaso foi a declaración parcial de inconstitucionalidade do actual Estatuto catalán e o inmobilismo do Goberno do Estado a respecto do cumprimento das súas disposicións financeiras o que moveu aló o actual proceso social a prol da autodeterminación.
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.