Artistas de diversas disciplinas comezan unha nova vía de expresión contra a instalación desmedida de polígonos eólicos. Recollendo o espírito da 'Burla Negra' nace a 'Burla Verde' para concienciar sobre a beleza vital dos montes fronte á implantación indiscriminada de aeroxeradores por parte das grandes eléctricas.
  comenta   0
Coas palabras "o barco chegou a porto" anunciábase o acordo para a creación de santuarios mariños en augas internacionais, que son o 60% da masa oceánica.
  comenta   0
Unha reflexión sobre a voadura da torre de refrixeración de Meirama.
  comenta   0
O xurado presentouse días atrás para seleccionar os dez xardíns que formarán parte da XIII edición do certame que terá como tema "A volta ao mundo en once xardíns".
  comenta   0
Strategic Minerals prevé extraer 50 millóns de toneladas de mineral durante 30 anos. Os ecoloxistas alertan de que a contaminación sobre a contorna de Pena Trevinca será "devastadora".
  comenta   0
O concello vén de presentar esta acción de concienciación aproveitando a celebración do Día Mundial do Medio Ambiente que se celebrou este 5 de xuño.
  comenta   0
O Festival Internacional de Xardíns de Allariz abriu as portas da súa duodécima edición baixo o tema central de “Xardíns Terapéuticos, deseños que curan”. Ata o 30 de outubro poderase visitar o recinto que acolle os dez xardíns que concursan polo voto do público.
  comenta   0
Con motivo do Día Mundial da Diversidade Biolóxica, avoga por cuestións como que haxa unha área de exclusión de renovables de 10 quilómetros respecto de zonas de influencia de Rede Natura, así como que se retiren os parques instalados actualmente en Rede Natura unha vez cumprida a súa vida útil, cunha restauración da zona.
  comenta   0
O Concello de Verín instalará paneis fotovoltaicos en oito dos seus principais edificios municipais esperando un financiamendo de preto do 50% con fondos Next Generation.
  comenta   0
O concello vén de colocar unha máquina 'Reciclos', o Sistema de Devolución e Recompensa (SDR) de Ecoembes que premia o compromiso coa reciclaxe, na entrada da piscina municipal.
  comenta   0
Nace unha iniciativa que, a través de audiolibros, pílulas audiovisuais, unha unidade didáctica e un concurso, tratarán de achegar a figura de Rosalía de Castro á xeración Z.
  comenta   0
O científico Daniel Franco Ruiz, especialista en calidade nutricional da carne, aborda nesta entrevista cuestións actuais do sector gandeiro e a industria cárnica. Recoñece que non se debe abusar, pero tampouco suprimir totalmente o consumo de carne, aposta por potenciar a produción extensiva, aínda que recoñece a utilidade das explotacións intensivas para subministrar carne a toda a poboación. "Os animais criados en extensivo si é certo que desenvolven o seu comportamento natural, fan máis exercicio, etc., pero non necesariamente hai mellor benestar animal; iso depende", asegura.
  comenta   0
Recolléronse 3650 quilos de aceite doméstico usado evitando a contaminación duns 4.015.000 litros de auga.
  comenta   0
A Comunidade de Montes de Couso está a impulsar un 'Bosque da Lingua', un lugar para a divulgación medioambiental e o achegamento á lingua galega. Máis outra iniciativa dunha comunidade que converteu un vertedoiro nun lugar onde devolverlle ó valor ao monte. O labor dos comuneiros foi recoñecido pola propia ONU.
  comenta   3
O xurado do Festival Internacional de Xardíns de Allariz reuniuse, días atrás, para seleccionar os dez xardíns que formarán parte da duodécima edición. Foron elixidos de entre 36 propostas chegadas dende diferentes lugares da xeografía mundial como Ourense, Madrid, País Vasco, Colombia, Italia, Estados Unidos, Brazil Escocia ou Montenegro, entre outros.
  comenta   1
Para a asociación ecoloxista, este servizo "debería ser asumido integramente por persoal público e non estar suxeito aos vaivéns de empresas privadas".
  comenta   0
Hoxe hai 19 anos que o petroleiro se partiu pola metade logo dun rocambolesco periplo. Hoxe a xestión os accidentes non mudou, seguen a estar en mans políticas e non técnicas, pero si mudou a sociedade.
  comenta   0
A iniciativa está enmarcada dentro do “Proxecto Libera: 1m² contra a Basuraleza” que promove Ecoembes en colaboración coa ONG 'SE/BirdLife' e Cabreiroá. Terá lugar o vindeiro sábado 20 de novembro.
  comenta   0
Asociacións ecoloxistas veñen de calificar de "ridículo" o obxectivo do PP de reducir nun 5% as masas de eucalipto en 20 anos. Nos últimos meses ADEGA ten rexistrado un aumento das plantacións ilegais de eucalipto ante o anuncio de moratoria da Xunta. Paralelamente, esta semana a Fundación Arume anunciou "Pino de Galicia": a marca que quere competir co monocultivo do eucalipto.
  comenta   2
A XIV Limpeza Simultánea “Móllate polos ríos” celebrarase o 26 de setembro en 51 concellos de toda Galicia. Nos traballos participarán máis de 65 entidades como asociacións, concellos, colectivos ecoloxistas e centros de ensino entre outras.
  comenta   0
A aparición de fotografías e vídeos en redes sociais con gaivotas mortas e enfermas no encoro de Vilagudín puxo en marcha ás autoridades medioambientais. Desde colectivos ecoloxistas e ambientalistas cren que de non ser así, ninguén se tería preocupado polo que aconteceu con estas aves. Descoñécese de momento cales son as causas desta mortandade aínda que algunhas fontes apuntan a posibles infeccións víricas.
  comenta   0
O concello vén de presentar unha nova campaña que pretende acometer a mellora de zonas de compostaxe. Actualmente dispón de máis de 100 composteiros comunitarios e uns 400 de uso individual.
  comenta   0
Nun comunicado, advirte de que na comunidade galega, "toda a plataforma continental, entre Ribadeo e Fisterra, debería estar protexida ante calquera proxecto de parques eólicos"
  comenta   0
As verteduras ocasionaron danos valorados en 184.745,68 euros por afectacións no dominio público por derramar deterxentes e supuxeron unha multa dun millón de euros, denuncian asociacións ecoloxistas.
  comenta   0
A porcentaxe de persoas vexetarianas ou veganas do Estado está formada por unha maioría desproporcionada de mulleres. A publicidade cárnica está dirixida a homes tamén de forma desproporcionada.
  comenta   0
A Asociación Galicia Ambiental denunciou a situación na que se atopa o Eume debido ás malas prácticas da presa, cunha situación de seca e unha importante redución do nivel da auga.
  comenta   0
O profesor Alejandro Martínez Abraín, da UDC, publica novas achegas sobre a crecente colonización por parte de animais salvaxes de espazos deseñados polos humanos.
  comenta   0
O concello, en colaboración con ADEGA e coa concesionaria do servizo de auga, Espina & Delfín, está a desenvolver diferentes accións de concienciación entre a veciñanza. Trátase de poñer en valor a separación do lixo e o aforro de auga para adiantarse ás situacións de seca.
  comenta   0
A Comisión Europea ten aberto un proceso por infracción da Directiva Aves que podería supor unha multa millonaria a todos os galegos e galegas. Lonxe diso, a Xunta autoriza a media veda na Limia e "abre a porta ao furtismo". Entidades conservacionistas censuran "o biocidio" da rula e alertan dunha "falsa moratoria" da súa caza.
  comenta   0
A empresa salienta que "enxeñarías independentes" certificaron que a planta "non podería trasladarse a ningún outro emprazamento, nin por criterios técnicos nin económicos".
  comenta   0
A Axencia de Protección da Legalidade Urbanísitica non viu incumprimentos nas mesmas cuestións que, semanas despois, condenaría un xulgado de Pontevedra.
É unha das zonas húmidas máis grandes de Galicia e con maior valor ambiental. Albergan gran cantidade de flora e fauna, entre ela a escribenta das canaveiras. De uso comunal, foron durante moitos anos a "despensa dos pobres", terra dos "mellores bois de Galicia", das primeiras cooperativas leiteiras. Hoxe están protexidas polas administracións: abandonadas.
  comenta   0
O evento terá lugar en diversos contextos informais na noite do 24 de setembro pero a próxima semana comezarán xa unha vintena de pre-eventos nas cidades galegas.
  comenta   0