No informe ambiental recóllese que a Dirección Xeral de Patrimonio Natural emitiu nun primeiro momento un estudo desfavorable por diversos impactos e foron necesarios ata catro informes correctores do promotor para conseguir a autorización na que "non é previsible" que "xere efectos significativos".
  comenta   0
Así o anunciou a conselleira de Economía e Industria, María José Lorenzana, nunha recente visita á comarca, que incluiu un percorrido polo traballo diario nunha nave de elaboración e nunha canteira de lousa na zona.
  comenta   0
A directiva do Clúster da Pizarra de Galicia mantivo unha reunión de traballo co presidente provincial, Luis Menor, para buscar opcións de apoio promocional da institución. No encontro acordouse a posibilidade de crear un “Día da Lousa”.
  comenta   0
Manuel Miragaia (A Coruña, 1958), profesor e escritor, autor do libro 'A terra do Eo-Navia. A galeguidade en Asturais', reivindica nesta obra o recoñecemento oficial por parte da comunidade autónoma de Asturias da comarca do Eo-Navia e, á súa vez, a variante lingüística galega, alén dunha normalización fluída e respectuosa das relacións e intercambios culturais entre Galicia e o Eo-Navia, que poden ser moi produtivos e beneficiosos para os dous pobos. Tamén defende nela a necesidade da creación dunha Academia da Lingua Galega do Eo-Navia.
  comenta   0
Trátase dun conxunto de edificacións da aldea de Candeda que recibiu o galardón na categoría de 'Mellor Cuberta' dentro do "Premio de Construcción Sostible con Lousa" que convocaba o Clúster da Pizarra de Galicia.
  comenta   0
A iniciativa partiu da Agrupación industrial da Lousa de Galicia, entidade que premiou aos once concellos que ao seu criterio teñen maior tradición louseira: Ortigueira, A Fonsagrada, Mondoñedo, A Pastoriza, Lourenzá, Samos, Pol, Quiroga, Folgoso do Courel, Vilamartín e Carballeda.
  comenta   0
A Agrupación industrial da Lousa de Galicia vén de celebrar en Sobradelo de Valdeorras unha Xornada Técnica baixo o título: “Estratexias de Prevención e Loita contra as Enfermidades Profesionais". Un dos temas principais foi o "pó de sílice".
  comenta   0
Os arquitectos Carlos Quintans Eiras e Zaida García Requejo protagonizaron, na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña, a conferencia “Extracción, unha mirada desde a lousa”.
  comenta   0
Trátase da II Edición do Premio de Construción con Lousa que convoca o Clúster da Pizarra de Galicia. Entre os obxectivos desta iniciativa están poñer en valor a lousa do país como material referente nas edificacións sostibles e premiar a innovación na construción.
  comenta   0
A expedición da Escola Universitaria de Arquitectura Técnica da Coruña visitou días atrás unha canteira de extracción e as naves de elaboración.
  comenta   0
Impulsada pola Agrupación Industrial da Lousa de Galicia, esta acción busca consolidar a imaxe, a comunicación e o relanzamento do sector da lousa.
  comenta   0
Foi o 18 de setembro, baixo o título de "A lousa galega: Prestacións e construción", e a cargo de Santiago López Piñero, experto en Enxeñería da Edificación e Execución de Obras.
  comenta   0
O proxecto detalla que os labores mineiros "localízanse fóra das áreas Rede Natura 2000", pero "si existe unha superficie ao norte" da concesión nun espazo protexido como zona de especial conservación (ZEC) denominado Ancares-O Courel, incluído en Rede Natura.
O coñecido debuxante galego xa tivera un contacto anterior coa D.O. Valdeorras ao publicar no 2018 un caderno no que ilustra, con acuarelas e notas escritas, as súas vivenzas nunha vendima. A Feira do Viño será os días 1 e 2 de xuño.
  comenta   0
No documento contémplanse dúas solucións, unha por cada unha das posibilidades esperadas na resolución definitiva do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do expediente de expropiación.
  comenta   0
A zona de almacenaxe contén palets de lousa que, a causa do desafiuzamento, non puideron sacarse á venda que calculan que ten un valor de "millóns de euros en lousa" e que os sindicatos reividican que "pertencen aos traballadores".
  comenta   0
Rogelio López lamenta que o presidente dos comuneiros e o seu avogado optaran por solicitar o desafiuzamento nos tribunais, e o grupo de empresas, pola súa banda, solicitou a expropiación dos terreos, que a Xunta de Galicia concedeu.
  comenta   0
Os rexedores e rexedoras estudarán posibles accións de mobilización social para apoiar aos traballadores e evitar o peche da compañía.
  comenta   0
Despois de numerosas denuncias veciñais e ecoloxistas, o SEPRONA constatou que os residuos dunha louseira colmataron os leitos das cabeceiras do río Xestoso e do rego Caborco de Mazales.
  comenta   0