Por Galicia Confidencial | O Barco de Valdeorras | 13/04/2025 | Actualizada ás 11:00
A conselleira de Economía e Industria, María José Lorenzana, confirmou hai poucos días o nomeamento de 'Concello Mineiro' ao municipio de Carballeda de Valdeorras a partir da solicitude desta calificación que fixo o propio Concello e que entrou en vigor o pasado día 1 de xaneiro deste ano “para aqueles concellos onde se poda amosar que o sector mineiro ten un peso relevante dentro da economía da comarca”, explicou.
Para a conselleira, “sen dúbida este é o caso dun concello que ten máis de 2.000 empregos directos vinculados a esta industria da lousa, e onde estamos falando de 25 explotacións deste tipo”. Cando Carballeda acade e formalice a devandita calificación, “tanto o Concello como todas as empresas que xeneran esta actividade, terán unha puntuación superior aos restantes concellos, en todas as convocatorias públicas ligadas á minería, e será concello prioritario á hora de facer calqueira tipo de colaboración para o desenvolvemento mineiro”.
A conselleira fixo o anuncio nunha visita que realizou na zona a Pizarras del Valle e á canteira Pizarras Vazfer, acompañada polo director de Axencia de Turismo de Galicia, o rués José Manuel Merelles, e polo delegado territorial da Xunta, Manuel Pardo. Segundo dixo Lorenzana, Galicia é líder tanto en produción de lousa como de granito e a metade das explotacións de lousa ornamental en España están en Galicia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.