Esta é unha das conclusións da tese doutoral desenvolvida pola investigadora Julia Rei Brandariz, que realizou o primeiro estudo que estima a MA ao consumo de tabaco dun mesmo ano en todas as comunidades autónomas de España empregando as mesmas fontes de información e unha metodoloxía común.
  comenta   0
O experto Alberto Ruano ensína as claves para solicitar a medición e como solventar esta problemática que afecta ao 70% de Galicia.
  comenta   0
O radón, un gas radioactivo natural con importante presenza en Galicia que se produce cando metais como o uranio ou o radio descompóñense nas rochas e o chan, é unha causa coñecida de cancro de pulmón e agora unha nova investigación realizada por científicos estadounidenses descubriu que a exposición a niveis elevados deste contaminante do aire en interiores asóciase cun maior risco de sufrir outra enfermidade en mulleres de mediana idade ou maiores que sofren ictus isquémico.
  comenta   0
Un estudo coordinado pola USC, Radonbrain, analizará a influencia que ten o radon residencial no desenvolvemento de tumores cerebrais, un tipo de patoloxía "de causas fundamentalmente descoñecidas".
  comenta   0
O radón é a segunda causa de cancro de pulmón despois do tabaco, mesmo en persoas que nunca fumaron. En fumadores, o risco de cancro de pulmón increméntase expoñencialmente. A OMS calcula que entre un 3 por cento e o 14 por cento das mortes por cancro de pulmón están relacionadas co radón.
  comenta   0
Galicia ocupa postos de referencia en canto estudos sobre o gas radón xa que tamén é un dos territorios con máis densidade deste elemento en todo o Estado. A influencia que pode ter este gas resulta tan importante que xa existen estudos sobre a súa incidencia nos lugares de traballo.
  comenta   0
O grupo de investigación que lidera o catedrático da USC Alberto Ruano a través do Laboratorio Radón de Galicia, levou a cabo un estudo no que se recollen medicións en máis de 3.000 postos de traballo en España.
  comenta   0
Novas evidencias recollidas en Estados Unidos avalan a hipótese que defenden científicos galegos, pero tamén sinalan como factor adxuvante altos niveis de contaminación atmosférica.
  comenta   0
O mapa é o resultado dun estudo impulsado pola Deputación de Ourense e realizado polo Labotario de Radón de Galicia da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela.
  comenta   0
Investigadores da Universidad de Cantabria, en colaboración coa empresa coruñesa Siglo 21 Consultores, aplicaron un sistema de mitigación baseado na presurización do interior dunha vivenda tradicional do rural galego. Lograron reducir as concentracións do gas de 831 Bq/m3 a menos de 100 Bq/m3 en catro horas.
  comenta   0
Trátase dun sistema que funciona "como un pulmón artificial" que "aspira aire novo tomado do exterior, fíltrao e introdúceo tratado na estancia", co que o aire contaminado é expulsado ao exterior a través dunhas reixas.
  comenta   0
O especialista en Medicina Preventiva Miguel Barros falará da problemática ambiental en Galicia, explicando o radon domiciliario e nos postos de traballo, e os riscos para a saúde da poboación
  comenta   0
Científicos do CSIC, en colaboración co Laboratorio de Radon de Galicia, atoparon fontes importantes deste gas no faro romano, Patrimonio da Humanidade.
  comenta   0
O estudo, publicado na revista 'Environmental Research', estima o impacto do radón na mortalidade por cancro de pulmón en España no ano 2017.
  comenta   0
Suma un 7%, mentres que no conxunto de España esta porcentaxe alcanza o 4%. A meirande parte dos pasamentos afectan a homes, fundamentalmente fumadores e exfumadores.
  comenta   0
Investigadores logran reducir nun 90 % os niveis de radon na Universidade da Coruña. Outro estudo de científicos galegos achega novos datos sobre a relación entre este gas e o cancro de pulmón.
  comenta   0
O radon foi declarado carcinóxeno humano. Varios estudos alertaron das súas altas concentracións en Galicia, unha das zonas con maior concentración deste gas.
  comenta   0
Moitas das vivendas galegas, feitas en pedra, teñen presenza deste material. Segundo recolle a investigación, o tabaco produciría unha importante amplificación do efecto, “así, unha persoa gran fumadora, pode chegar a multiplicar practicamente por 3 o seu risco de cancro de pulmón”.
  comenta   0
Un estudo realizado en sete hospitais galegos calcula que a mediana de supervivencia dos enfermos non fumadores é un ano e medio desde o diagnóstico da enfermidade. Os científicos atoparon unha mellor supervivencia en pacientes expostos a concentracións máis baixas de gas radon residencial.
  comenta   0
Entre eles, cita o edificio administrativo Monelos; as oficinas de emprego da Coruña, Santiago, Ferrol e Carballo; os edificios xudiciais da Coruña; o Arquivo do Reino de Galicia ou os laboratorios de Medio Ambiente.
  comenta   0
O cancro de pulmón en non fumadores representa aproximadamente o 15-25% dos casos da enfermidade, e a súa epidemioloxía está pouco desenvolvida.
  comenta   0
Científicos realizaron por primeira vez en España un estudo transversal sobre concentración de radon en distintos lugares de traballo en seis comunidades autónomas: Galicia, Castela e León, Comunidade de Madrid, Baleares, Cataluña e Castela-A Mancha. Os centros de traballo galegos superan en máis do dobre a concentración media de todos os lugares medidos no estudo e o 46% ten niveis de concentración por enriba do máximo permitido pola Unión Europea e a Organización Mundial da Saúde.
  comenta   0
As medicións colocan a Galicia como a Comunidade Autónoma mellor caracterizada en canto a exposición a radon interior.
  comenta   0
É necesaria a alarma que se estendeu dentro e fóra do país logo de que se apuntaran hipotéticos casos de cancro vinculados ao radon?.
  comenta   0
A alarma sobre o gas radon acabou por engulir as opinións de expertos, veciños e traballos realizados ata o momento sobre este elemento químico. As conclusións actuais é que o Radon (Rn) sería a segunda causa detrás do cancro de pulmón e aínda así, sería unha causa que se debería tomar con precaución.
  comenta   0
A Xunta avanza que realizará unha guía de solucións construtivas para a protección fronte ao radon en edificios residenciais xa existentes. Estudos médicos comprobaron que exposicións prolongadas a este gas poden provocar cancro de pulmón.
  comenta   0
O profesor Alberto Ruano publica un artigo moi crítico no que pide que a Unión Europea baixe os niveis que marcan a tolerancia de concentración deste gas canceríxeno.
  comenta   0
Un grupo de investigadores aplicou medidas correctoras na Escola Universitaria de Arquitectura Técnica para mitigar as elevadas concentracións deste gas canceríxeno.
  comenta   0
Unha investigación centrada en Galicia, ademais de Castela León, Asturias e Madrid, evidencia que "o radon residencial parece xogar un papel importante" na aparición desta enfermidade.
  comenta   0
Unha tese doutoral da Universidade de Santiago de Compostela (USC) mostra a utilidade dos mapas de radón residencial para coñecer o seu efecto sobre a nosa saúde.
  comenta   0
Un equipo de investigadores probou durante máis de oito anos, no Laboratorio de Radioactividade Ambiental da UDC, un método de mitigación deste gas canceríxeno. Os científicos presentan agora os "moi bos resultados" conseguidos. Galicia é a autonomía máis exposta ao radon.
  comenta   0
Alberto Ruano Raviña e Juan Miguel Barros Dios, profesores de Medicina Preventiva e Saúde Pública da Universidade de Santiago, presentan o mapa que sinala as zonas de Galicia máis expostas a este gas canceríxeno. Pontevedra e Ourense son as provincias con maior concentración.
  comenta   1