Hai conversas que dan para moito. Velaquí a historia de dúas mulleres, Fina e Clara, que naceron ao carón das vacas e xunto a elas quedaron. Foron tecendo, coma outras moitas mulleres, relacións emocionais e afectivas con estes animais con nome propio. Elas cantábanlles ás vacas mentres as muxían, amantábanas cando parían... Unha sorte de historia de amor! Cristiana, veterinaria que percorreu moreas de granxas, tamén o confirma.