O proxecto Renace busca biomarcadores asociados ao envellecemento saudable nos centenarios, máis de 2.000 en Galicia. Os humanos poderían chegar a vivir ata 150 anos o próximo século, pero "moi poucos" con calidade de vida, prognostica o doutor Armenteros.
A empresa biotecnolóxica Colossal Biosciences logra modificar 20 xenes dun lobo gris para recrear a apariencia do extinto 'Aenocyon dirus', protagonista en series como 'Juego de Tronos'. Sen embargo, como apunta o coordinador xeral do Máster en Xenómica e Xenética na Universidade de Santiago de Compostela (USC) e Universidade de Vigo (UVigo), Manuel Vera, "para poder dicir que o animal resultante é a especie extinta, terías que facer unha clonación completa do seu xenoma".
  comenta   0
En concreto, desde esta mesma semana, incorpórase unha doenza xenética que provoca déficits neuropsiquiátricos e insuficiencia suprarenal; outra que pode causar discapacidade intelectual grave e que sen tratamento provoca a morte na primeira década de vida; e a enfermidade de Pompe, unha deterioración muscular que sen tratamento provoca a morte do paciente no primeiro ano de vida.
  comenta   0
Os obxectivos que se perseguen con esta convocatoria son conseguir unha explotación sustentable dos recursos autóctonos e o mantemento da súa rendibilidade; a recuperación da variabilidade xenética das razas autóctonas de Galicia, así como a súa potenciación de ser o caso.
  comenta   0
As granxas en cuestión son a lalinense G.B. Gandaría, que se consolidou como segunda mellor granxa a nivel nacional, a coruñesa Landeira Sociedade cooperativa Galega, que se fixo co terceiro posto, e Finca Mouriscade, dependente da Deputación de Pontevedra, que quedou en quinto lugar.
  comenta   0
A carabela 'San Lesmes' partiu da Coruña no ano 1525 como parte da expedición Loaisa Elcano. Naufragou nas illas do Pacífico sur e alí fundou a súa propia comunidade, onde indíxenas e galegos deron lugar a numerosos descendentes que a día de hoxe poboan toda a zona.
  comenta   1
Tamén se rescataron varios casquillos de bala e nun dos corpos descubríronse cinco proxectís. Agora, os restos serán trasladados ao laboratorio da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica en Ponferrada (León), onde serán sometidos a estudo para a súa identificación xenética.
  comenta   0
O director médico do Instituto Oftalmolóxico Gómez-Ulla lembrou a importancia de aclarar que a retinose pigmentaria non é unha única enfermidade, "senón un conxunto de enfermidades oculares de orixe xenética e carácter dexenerativo que se agrupan baixo ese nome". Non se pode previr, pero é pouco habitual que se detecte antes da adolescencia.
  comenta   0
A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica ten contacto con tres das familias pero leva tempo tratando de localizar algún achegado de Pedro Pinilla Calvete ou de Pedro Pinilla Fraga, para que poidan asistir á exhumación e se lles tomen mostras de ADN para unha posible identificación xenética dos restos.
  comenta   0
Miñones e Comesaña visitan a Fundación de Medicina Xenómica e destacan o traballo de Carracedo, que celebra a aposta de España polo Perte de Saúde.
  comenta   0