Peche do colexio Manuel Masdias de Ferrol por falta de medios

Primeiro foi o centro educativo de Ponteareas e agora é o Colexio Público Manuel Masdias do barrio de Caranza, en Ferrol, o que decidiu pechar por unha situación escolar  de falla de medios que califican de "insostíbel"...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 16/10/2009 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

None

O Manuel Masdias, é o único centro público de infantil e primaria, do barrio de Caranza. Un barrio que conta con 15.000 habitantes. Desde sempre este centro destacou pola sua orientación a favor dun ensino de calidade, inspirado nas correntes pedagóxicas mais inovadoras, desenvolvidas por excelentes profesionais. Todo isto contando que son os sectores máis desfavorecidos do barrio, os que teñen desde sempre, ao Manuel Masdias, como o seu centro de referencia e de pertenza, segundo relata o blog Colectivo Ártabra 21.

Pero "este curso a situación non permite outra saída que conseguir un compromiso da administración para que tome consciencia da situación real do centro e envie a dotación de profesorado que estamos demandando", asegura o Consello Escolar.

Pola súa parte a ANPA do Manuel Masdías, que participa no peche a través das súas representantes, reivindica ademais, que o Concello aumente a dotación de persoal que atende o servizo de comedor escolar, por ser un ámbito educativo máis do centro, e polo tanto non é alleo á problemática que se presenta neste curso.

Ás 16:00 horas deste venres 16 de Outubro, celebrarán unha asemblea para decidir as accións a tomar a semana próxima.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

6 paula

o mallor colexio do mundo mundial mellor que lasalle competir

5 anónimo

e estes colexios "subvencionados" ou "concertados" cantos alumnos destes teñen?

... dun sector do alumnado, numericamente significativo, con necesidades educativas específicas, con risco de exclusión social, que acaban de incorporarse, nalgúns casos, doutros centros da comarca...


por qué van parar sempre á pública, si eles cobran tamén e son "gratis total" para os seus pais que queren un centro só para rapaces do seu "nivel social"?
pregunto

4 alguén

Os cartos/ano por alumno nos colexios do OPUS son significativamente maiores que os dos colexios públicos.
Tiña razón Feijoo cando dixo que os colexios do OPUS no bipartito tamén recibían diñeiro público, verdade, precisamente o debate de subvencionar ou non a colexios que discriminen por sexo é recente. Mais a cantidade de Feijoo a estes colexios, en plena crise e cun goberno "austero", tampouco son as mesmas que as do bipartito.

3 anónimo

O supremacismo do PP de Feijoo está a traspasar con moito o tema da lingua para convertirsre xa en supremacía clasista.

2 anónimo

ISO SÍ, AS TRANSFERENCIAS BANCARIAS AOS COLEXIOS DO OPUS ESTÁN FEITAS SEGURO.