Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 25/09/2025 | Actualizada ás 17:36
Un adolescente de 15 anos de idade, veciño de Valdoviño, faleceu a consecuencia das graves secuelas sufridas tras un accidente de tráfico ocorrido na tarde do pasado martes, 23 de setembro, na parroquia de Sedes, no municipio de Narón. O sinistro tivo lugar pouco antes das 18.30 horas na estrada do Esperón, cando o menor, que viaxaba en bicicleta, chocou cun vehículo.
Tras o accidente, o mozo foi evacuado inicialmente nunha ambulancia de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 ao Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol e, posteriormente, foi trasladado ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC), onde finalmente faleceu nas últimas horas.
A perda do menor causou unha gran conmoción en Ferrolterra. O adolescente era alumno do CPI Atios de Valdoviño e exercía como un dos porteiros do equipo de fútbol de Meirás, na mesma localidade.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.