Demostración gastronómica do chef Pepe Solla no marco do proxecto «Sonoro empeño»

Celebrarase o vindeiro 11 de setembro no Centro Obra Social Abanca de Santiago e as entradas pódense adquirir en Ataquilla.com.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 06/08/2019 | Actualizada ás 18:09

Comparte esta noticia

O chef Pepe Solla ofrecerá unha demostración gastronómica o vindeiro 11 de setembro, no marco do proxecto multidisciplinar «Sonoro empeño. A música nas Coleccións Abanca e Afundación». Será a partir das 19.00 horas, no Centro Obra Social de Abanca e as entradas para asistir pódense adquirir no sitio web Ataquilla.com

Pepe Solla, no Mercado de Pontevedra
Pepe Solla, no Mercado de Pontevedra | Fonte: juantiagues en Flickr.

Neste exclusivo encontro, o recoñecido chef, que posúe unha estrela Michelín, cociñará e explicará os procedementos da súa cociña. Os asistentes degustarán os pratos elaborados e terán ocasión de conversar con el.

Esta proposta responde o propósito da entidade de potenciar as experiencias interactivas dentro das súas actividades para estender a programación máis aló da propia exposición, mostrando na práctica o diálogo permanente entre as distintas disciplinas artísticas, e trasladar a actividade cultural fose dos espazos onde se desenvolve tradicionalmente.

A EXPOSICIÓN

A través de 51 pezas asinadas por artistas como Wassily Kandinsky, Pablo Picasso, José Manuel Broto, Óscar Domínguez, Rafael Úbeda, Urbano Lugrís, Luís Seoane, Menchu Lamas, Xaime Quessada, Elena Gago ou Susana Solano entre outros, este proxecto expositivo ilustra a relación e os puntos en común que comparten a música e as artes plásticas.

Mediante obras pertencentes ás Coleccións de arte de Abanca e Afundación, asume o ambicioso reto de mostrar este vínculo, un tema recorrente ao longo da historia da arte que foi obxecto de numerosas teorizacións e reflexións e deu pé a novas formas creativas.

A mostra pódese visitar ata o próximo 15 de setembro no Centro Obra Social Abanca de Santiago, de martes a venres en horario de 17.00 a 21.00 h, e os sábados, domingos e festivos, de 11.30 a 13.00 h e de 17.00 a 21.00 h, e conta con servizo de audioguía

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta