Guerra de cifras sobre o turismo de Pontevedra entre Xunta e deputación

A directora de Turismo da Xunta responde á presidenta provincial: "Eu non sei como fai Carmela cos seus datos"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/08/2019 | Actualizada ás 14:18

Comparte esta noticia

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, respondeu este martes ás críticas vertidas pola presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, sobre a veracidade dos datos relativos ao Turismo que facilita a Xunta de Galicia.

Carmela Silva puxo en dúbida o pasado venres as cifras de turismo presentados polo conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, por considerar "que non se corresponden con ningunha realidade".

Durante a recepción este martes dun grupo de peregrinos con discapacidade que acaban de realizar o camiño francés, Castro atendeu as preguntas dos xornalistas, entre elas una sobre as declaracións de Carmela Silva á que contestou que "precisamente os datos que dá a presidenta da Deputación son cuestionables, porque non son estatísticos".

A responsable de turismo en Galicia engadiu que a Xunta "utiliza os datos públicos do Instituto Nacional de Estatística (INE), que son totalmente certos", así que ela non sabe "como fai Carmela os seus".

Con relación á afluencia de turismo en Santiago durante o mes de agosto, Nava Castro comentou que pese ao clima as expectativas "son boas". "A xente vén gozar e sabe que pode chover, non pasa nada", indicou. Castro lembrou que a gastronomía e a natureza permiten que Santiago de Compostela sexa "un dos destinos favoritos" en España e Europa nesta época do ano.

Nava Castro
Nava Castro | Fonte: xunta.gal

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta