Portugal tamén se aproxima a Galicia: Linguas irmáns pero sen submisións?

Medios do país veciño iniciaron un debate no que teñen intervido destacados lingüistas e xornalistas portugueses e ata o presidente da Real Academia Galega, Victor Freixanes.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 29/08/2019 | Actualizada ás 14:10

Comparte esta noticia

Portugal e Galicia, dous países irmáns que viviron moitos anos de costas, especialmente, na fronteira do outro lado do Miño... Ata agora. Nos últimos tempos non son poucos as escritoras e xornalistas portugueses que teñen amosado unha fonda curiosidade, xa non pola cultura galega, que ven de lonxe, senón pola nosa lingua. E froito desta aproximación é unha serie de reportaxes e entrevistas publicadas en prestixiosas revistas culturais de Portugal que mesmo tiveron ecos en grandes xornais lusos como Público ou Jornal de Nóticias.

Desembocadura do Minho
Desembocadura do Minho | Fonte: EP

O número da primeira quincena de agosto do Jornal de Letras, Artes e Ideias adicou todo un dossier titulado “Galiza, aqui tão perto do coração”. O tema, desta vez, foi a língua e a proximidade entre o galego e o portugués. E, tamén sobre o mesmo tema vai o último número da revista LER cunha entrevista ao escritor e lingüista Fernando Venâncio na que alude a “Nós, os galegos”.

Este lingüista prepara un libro que editará a final de ano, precisamente, sobre a proximidade de Galicia e Portugal e o comezo do declive desa irmandade que comezou na batalla de Aljubarrota, en 1385, cando o bando norteño portugués –máis próximo ao galego-- saíu perdedor.  “Estou a escrever uma História das origens do nosso idioma, para sair no Outono. É uma História com várias histórias dentro, interessantes, apaixonantes mesmo, que nunca foram contadas e que eu quero por força contar...”, apunta. “A nossa língua veio de fora e foi criada antes de haver Portugal”.

GALLAECIA: A ORIXE

Nestas publicacións lémbranse as dificultades que tivo o galego como idioma ao longo dos séculos, especialmente, no franquismo. Un asunto que aborda Fernando Venâncio, pero tamén o propio Victor Freixanes, presidente da RAG, noutra entrevista nesa revista. “O portugués e o galego nacen num mesmo territorio e cunha experiencia histórica común, a Gallaecia. Somos pois linguas irmás, ningunha submetida á outra”, suliña.

bandeiras de Portugal e Galicia
bandeiras de Portugal e Galicia

E, como non podía ser menos, tamén se aborda a unidade ortográfica entre o galego e o portugués a través da Academia Galega da Língua Portuguesa, fundada em 2008 e defensora do reintegracionismo a través do Acordo Ortográfico de 1990. Un acordo que aposta por unificar a grafia en todo o espazo lusófono e do que hai tamén moitos detractores no propio Portugal temerosos de perder identidade ante o puxante brasileiro.  

A este respecto, Freixanes destaca que “a língua galega, sem renunciar á súa identidade, con moi pouco esforzo, permítenos relacionarnos cunha amplísima comunidade de falantes en todo o mundo.” E engade, “o galego pode e debe ser unha fermosa ponte para coñecer o portugués e aproveitar a utilidade do irmán espallado pólo mundo. Digo que pode ser unha ponte para a aprendizaxe, non para ser substituído. Iso sería negar a realidade da propia Galicia”. 

Unha opinión que tamén comparten outros lingüistas portugueses referidos nestas publicacións, aínda que o debate sobre a unificación da ortografía do galego e do portugués fica moi lonxe de ser pechado porque  hai consenso sobre que portugueses e galegos somos irmáns, pero non tanto en como debemos expresarnos. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 34 comentarios

13 Teixeira

Olhem como a nosa lingua frorece no mundo https://m.youtube.com/watch?v=G9lSh...

12 bah

O lusismo cada día é máis ridículo.

1 uu1

Lastima ler este comentário, a discrepância positiva ajudará a nossa língua. Mas acho que bah é um castelhano falante temeroso de que o galego tenha uma chance de sobreviver, deixe de ser uma língua minorizada que para alguns só se pode utilizar no plano folclórico. Pelo momento os reintegracionistas temos a possibilidade de ler a saga Game of Thomes numa variedade da nossa língua desde o livro primeiro “A Guerra dos Tronos” ao livro seis “Os Ventos do Inverno”, passando por todos os demais como “O festim dos Corvos”

2 País Galego

Ridículo é o teu comentario

11 Marraxo

O meu Mediore de Capacidade Neuronal indíca-me que a este "Pauca" faltan-lle varias ferveduras.....que Despilfarro de Calota Craneal portadora de tan ineficiencte Substancia gris, meu deus!!!!

10 Verdaderamente Absurdo.

Pasar de ser Bilíngüe a Monolíngüe en Castellano es tan absurdo como pedirle a una persona con carrera que renuncie a ella, para no discriminar a los que sólo tienen la ESO.

9 Carlos90

para mim "um rato" sempre será um ROEDOR e não uma "unidade de tempo" (isso é "um pouco" ou "um instante") por muitas vezes que nolo repitam...