UU.AA. pide un rexistro público de contratos para erradicar a fraude no viño

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/08/2019 | Actualizada ás 16:40

Comparte esta noticia

Unións Agrarias (UU.AA.) avisa de que erradicar a fraude no viñedo pasa polo rexistro público de contratos antes da vendima, por iso considera que o plan previsto pola Consellería de Medio Rural pode ser positivo pero se se coordina co sector.

Con todo, lamenta que no panel de medidas previsto bota en falta unha das que poden ser máis "efectivas", como é este rexistro público que demanda.

E é que "moitas adegas seguen comprando uvas sen prezo, obrigando a firmas contratos en branco aos produtores para a posteriori establecer cotizacións e volume, o que posibilita a entrada de uva non amparada".

Aínda que ve positivo o aumento de controis, sostén que deben facerse con base nun rendemento real que teña en conta a zona xeográfica, a variedade da uva e o marco de plantación.

Así mesmo, o sindicato agrario asegura que para alcanzar unha mecánica de traballo transparente nos consellos reguladores das denominacións de orixe "é imprescindible" que unha vez terminada a vendima "se certifique unha aprobación de colleita en todas as denominacións de orixe ligando a este dato a posterior expedición de contraetiquetas".

Vendima nas Rías Baixas. EUROPA PRESS - Archivo
Vendima nas Rías Baixas. EUROPA PRESS - Archivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta