La Voz despide a tres históricos do xornal

La Voz de Galicia fixo unha oferta de saída a tres históricos deste xornal; Félix Soria, Manuel Guisande e Pablo Manzano, mentres que recoloca como "colaborador" ao que foi secretario xeral de Medios durante o bipartito, Fernando Salgado.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 28/04/2012 | Actualizada ás 13:10

Comparte esta noticia

La Voz de Galicia acaba de facer unha oferta para que saían do xornal tres dos seus históricos na Coruña; Félix Soria, Manuel Guisande e Pablo Manzano segundo informaron a GC diversas fontes desta empresa. A empresa deulles dez días de vacacións para que mediten sobre esta posibilidade. E é que, tal e como aprobou o pasado ano, o grupo que preside Santiago Rey ten que desfacerse de 75 dos seus traballadores. 

None

 

A oferta realizada é unha indemnización por baixa voluntaria de 35 días por ano traballado, cun tope de 24 meses, o que significa  entre 90.000 e 110.000 euros. Se estes profesionais non aceptan o acordo entón irán a xuízo e a empresa, utilizando a nova reforma laboral aprobada polo PP, alegará razóns obxectivas para os despidos e pedirá só 20 días por ano traballado.

 

Fernando Salgado

 

Ademais, La Voz de Galicia tamén lle ofreceu unha saída ao xornalista Fernando Salgado, aínda que, a diferencia do resto dos seus compañeiros, no seu caso seguiría como colaborador do xornal, aínda que non como traballador e nas condicións actuais. 

 

Estas baixas supoñen o fin de dous suplementos importantes do xornal: Mercados e Monográficos que desaparecen e pasan a integrarse na sección de Economía, que dirixe Sofía Vázquez. Precisamente, Fernando Salgado era o responsable do suplemento Mercados e Félix Soria e Manuel Guisande, encargabanse dos monográficos. Pola súa banda, Pablo Manzano era do departamento de Deseño e Infografía.

 

Máis baixas en Vigo e Santiago

 

Estas baixas súmanse a outras que xa tiveron lugar na Delegación de Santiago, onde La Voz tamén despediu a outros históricos do xornal como Luis Cristovo ou Luis Villamor ou a cinco despidos na Delegación de Vigo. Unhs medidas que se enmarcan dentro do ERE que a empresa puxo en macha o pasado ano para despedir a 75 persoas. Tras abrir un prazo de baixas incentivadas, ás que se sumaron 15 persoas cercanas á edade de xubilación e outras cinco que pediron a excedencia voluntaria, o grupo Voz comenzou a inicios deste ano un proceso de despedimento de traballadores para cumprir eses obxectivos.

 

A estas medidas tamén se lle suman outras de aforro que se puxeron en marcha o pasado ano coa reducción de varias corresponsalías e cambios nos mandos intermedios do organigrama do grupo. Así, Laureano López, pasou de ser delegado na Coruña, a xefe de sección de Galicia e se fusionaron as delegacións de Pontevedra e Vilagarcía, ao frente das que se situou a Manuel Blanco.

 

Traxectoria

 

Durante a súa carreira profesional, Fernando Salgado foi xefe da sección de Economía de "La Voz de Galicia", cargo que abandonou para ser o conselleiro de Economía no Goberno tripartito (1987-89). Posteriormente foi deputado autonómico desde 1989 até 1994 e, por un breve período de tres meses, portavoz do Grupo Socialista.

 

En setembro de 1994 abandonou a Cámara galega para dirixir o diario "O Progreso de Lugo". En 2000, deixou o grupo lucense de comunicación e ingresou de novo en La Voz, para ser o delegado provincial en Lugo. Autor de diversas publicacións, destacan os seus estudos biográficos sobre a figura do escritor e xornalista Lorenzo Varela.

 

Félix Soria é xornalista desde hai 37 anos e 26 deles en La Voz de Galicia. É o responsable do blog Im-pulso. Manuel Guisande, de 53 anos e 26 en La Voz de Galicia, é escritor e guionista. Ademais, conta con premios como Codorniz de Plata da Academia do Humor ou o Isaac Díaz Pardo da Asociación Galega de Editores. Pablo Manzano é deseñador e infografista.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 30 comentarios

5 Nando

Félix Soria, Manuel Guisande, Pablo Manzano, Fernando Salgado e algeuén máis. Si, é que!!. Non fixeron nada especial por naide e eles son como os demais. Obreros de La Coruña. Xente que defenderon a súa empresa, mentres estaba ben. Non pretendamos heroes de 100 mil euros a cambio de nada. Que teñan boa viaxe

1 Félix Soria, xornalista

Non teño a "honra" de coñecer a Nando e coido que el a min tampouco, polo que ben podería ter aforrado o "La"; ninguén --eu tampouco-- falou de "héroes" pero, en calquera caso, grazas polo seu desexo de que teñamos unha boa viaxe.

2 Xaquín

Felix: Los que trabajamos contigo durante años, sí sabemos que hiciste mucho y por mucha gente, sí sabemos que no fuiste un defensor de la empresa sino que, defendiste muchas veces tu profesión y a tus compañeros. Por eso te tocó a tí, como hace poco me tocó a mí. No buscamos ser héroes pero en muchas ocasiones defendimos a otros trabajadores en estas circunstancias. Lo menos que te pueden decir es Mucha Suerte compañero, ojalá nos encontremos de nuevo para seguir luchando por la desiguadad que quieren imponernos los mediocres. Saludos.

3 Félix Soria

Xaquín, unha aperta moi forte, a miña casa tamén e túa.

4 Xan

Nando (o como sea tu nombre real): no es un tema de dinero, es q te dan patada cuando te queda poco por jubilarte y te joroban el presente y el futuro. No están difícil de entender, así q no hagas demagogia con lo de los 100 mil. Ánimo a todos. Y coged el dinero que a saber cuánto le queda a La Voz. Teniendo un director general que no ha visto una cuenta de resultados ni un balance en su vida... el futuro no pinta muy bien. Y caerle bien a Santiago Rey te vale para ascender aunque seas un inutil pero para mantenerte tienen q salir los números y ahí no hay peloteo que valga.

5 Robin das Carballeiras

Para os que contestades e contracontestades: Nun caso destes non se pode xeneralizar porque a un deses coñezo eu e non podería falar moi ben del, mellor dito, podería d`falar bastante mal. En todo caso penso que hai que dicir que a profesión periodística está moi devaluada, o mellor por culpa dúns poucos ou non tan poucos, sí, pero moi devaluada. Estamos nos tempos nos que o chamado terceiro poder (que se supón que por ¿independente? sería un dos garantes de que a verdade fose imperio neste país) está a altura ou máis baixo que os outros poderes (politico e xudicial) non poño aqui o lexislativo porque ese si que funciona (para favorecer o que ó politico lle interesa, pero para eso si que funciona). Así que digovos o mesmo que noutros comentarios. A foderse toca, ó igual que os albañiles, electricistas, dependientes....etc. A estos aupamolos os altares entre todos (os que nos foden me refiro).

6 Xoán

"A un deses coñezo eu e non poderia falar moi ben del..." Non sei a quen se está a referir, pero non é momento de facer xuizos de valor personal. O protagonista dun despedimento non é o traballador, é a empresa. Sempre é bo ter un pouquiño de sensibilidade, só un pouquiño.

7 Nandito

Nando, non fixeron nada ESPECIAL por naide??? e ti que sabes?? Informate de que y de quien hablas antes... camarada

8 Robin das Carballeiras

Xoan: eu manteño o que xa dixen aínda que non che quito a razón. Seguramente no comentario que fíxen tamén pesa a profunda antipatía que lle teño ó xornal en cuestión ó que considero unha das influenzas maís prexudiciales para a nosa nación. Seguramente a asociación que fago (neste caso) entre o personal e o colectivo é totalmente equivocada. Ben paro de escribir porque ó final acabarei pedindo perdón.

4 España, España

Se calhar no Galiza Livre, no Diário Liberdade ou no Novas da Galiza ainda fica alguma vaga...

1 Akiva

??? Isso que é o que é? Em que quiosque vendem isso?

3 Akiva

Fernando Salgado, um negacionista do Holocausto, exemplifica à perfecção o giro cara a ultraesquerda do jornal.

1 Provas

Provas?

2 Akribéstaton

Este Akiva passou do mode difamador ao mode inquisitorial. E manhã passará ao mode exterminador.

3 Akiva

Aquihayplaystation, a militância prolongada no BNG remata por agilipolhar-vos, não é saudável.

4 Akribéstaton

Talvez falas por própria experiência, ou estás difamando mais uma vez?

5 Xosé Otero

#2 & #4 Pedrito Bravo, aka Akribéstaton, que parecia ter desaparecido de vez por esse buraco que destila o seu infinitamente superior pensamento, voltou no seu modo habitual (inquisitorial) para projectar a sua própria imagem noutrem, agora que o sionista lusista akiva veu tocar-lhe nessa mesma neurona reptiliana. A ver quanto tarda em mudar para o mode "exterminador", que ele chama "despenador".

2 Pepón

El plan es sencillo: los que amigos de Lois Blanco (como ManuelBlanco) o los que le hacen la pelota al director y en lugar de trabajar se pasan el día de cháchara en su despacho (como Sofía Vázquez) tienen el puesto asegurado. Los demás, asustados porque no valen los méritos profesionales ni la experiencia. Y el periódico cada vez es peor y la web tiene tantas erratas que duele leer las noticias en ella. Están descapitalizando la empresa, mientras Santiago Rey juega a lo suyo (el golf, pedir dinero a la xunta y darle caña al Dépor ) y no se entera de nada. Pero una empresa que pone al frente a alguien como Lois es que no quiere durar mucho, como saben todos los que han trabajado con él. A este paso, durara mas el Dépor que la voz. hasta Paco Sánchez, dircom de la empresa, ha sustituido hoy su columna católica por una que arremete contra el Dépor Sport por los datos que ha publicado este periodico sobre la voz. Al tiempo...

1 Xurxo

Acabas de dar en el clavo :-)

2 Mariano

Efectivamente, 100% de acuerdo. Hace años q en La Voz el sentido común brilla x su ausencia. Cada día venden menos ejemplares en papel ( creo q los lunes no llegan a 65.000) y están regalando la publicidad. Así q tendrán q seguir echando a los que no pelotean. Eso sí, no han echado ni a un solo directivo, deben ser todos tan buenos en sus puestos...ja,ja,ja

1 Froilán

Non se salva ningún, agora o Santiago Rey tamén é un despedidor coma Cebrián e Pedro Xota. Lamento os que pierdan o traballo, pero non creo que os próximos xornalistas na Coz Ou no Ascomundo marchen co peto cheo. Froilán