O Concello de Santiago ofrécese a intermediar no conflito dos traballadores do aeroporto de Lavacolla

Hai convocadas tres xornadas de folga para os próximos días 13, 20 e 27 de setembro en protesta polo peche da cantina para empregados.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/09/2019 | Actualizada ás 19:07

Comparte esta noticia

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, ofreceuse a intermediar coa dirección do Aeroporto de Lavacolla e Aena para abordar o conflito aberto co persoal da terminal, que convocaron tres xornadas de folga para os próximos días 13, 20 e 27 de setembro en protesta polo peche da cantina para empregados, a "precariedade e temporalidade" no sector aéreo e o incremento da carga de traballo.

Terminal de Lavacolla
Terminal de Lavacolla | Fonte: Europa Press.

Este martes, o rexedor compostelán mantivo unha reunión con representantes do comité de folga do Aeroporto de Lavacolla na sede do consistorio santiagués. En declaracións aos medios, Sánchez Bugallo indicou que a súa intención é "falar coa dirección" do aeroporto "e se é o caso" con Aena para abordar unha resolución ao conflito, aínda que recoñeceu que a inminencia do primeiro día de folga complica que se alcance un acordo antes do próximo venres.

Así, apuntou que os traballadores "teñen razón" nas súas protestas pola supresión da cafetaría para empregados, xa que os prezos nos establecementos da terminal son "claramente excesivos" ao estar "nun 50% por enriba dos prezos da rúa".

O Grupo do BNG na capital galega tamén expresou o seu apoio aos traballadores e solicitan que "cesen os recortes no servizo de enfermaría e o abono do aparcadoiro obrigatorio soportado polo persoal".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta