Feijóo presume de que Galicia está mellor que Cataluña

O presidente galego asegura que non lle pedirá "máis axuda" aos galegos para financiar a sanidade. Insiste en que as contas galegas están mellor que a doutras comunidades que apostan por esa medida, como a catalana.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 03/05/2012 | Actualizada ás 17:18

Comparte esta noticia

"Cos datos presupuestarios que temos Galicia pode permitirse non pedirlle axuda aos usuarios da sanidade pública". Así de contundente se amosou este xoves o presidente da Xunta ao ser preguntado pola posibilidade, que xa avanzaron certos altos cargos de sanidade tal e como publicou GC, de que os galegos teñan que pagar polo menú dos hospitais mentres están hospitalizados.

None

 

E para manter esta afirmación botou man dos balances económicos e fiscais da comunidade e suliñou que Galicia ten un 1,6% de déficit público o que lle dá "marxe e posibilidades" para evitar esta medida posto que "só" terá que "reaxustar" a súa capacidade orzamentaria en 69 millóns de euros.

 

Comparación con Cataluña

 

"Outros", dixo en alusión a Cataluña, "teñen que cadrar 4.000 millóns e terán moitas dificultades para manter o déficit", suliñou en relación á proposta de Artur Mas de que se paguen cinco euros por estancia hospitalaria. "Non vou a criminalizar a un presidente que fai propostas para manter o sistema de saúde, hai que preguntarlle a el e corresponde xulgarlle á sociedade catalá", indicou.

 

En todo caso, e preguntado sobre se Galicia baralla facer pagar polos menús hospitalarios, aclarou que a Xunta "non pedirá axuda" aos galegos para isto. "Se a situación de Galicia fose distinta, se cadra, si habería que expor un copago neste tipo de servizos non clínicos", indicou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 39 comentarios

13 uncalquera

Está de moitísimo mellor que Espanha enteira!!! jajaja por iso no Estado baixa o paro en case 7.000 persoas e na Galiza sobe... mexan por nós, e os neo-fascistas a seguir votando PP.

12 jabali

o que de verdade doime,e que tanto mandatario galego no goberno,e barren para fora da casa.Iso si e de desprezo,de botarllo en cqra.Un familiar asi e unha ofensa para o resto da familia,galega.

11 Arenga

No si presumido es. Y mucho!!!

10 Un que sabe

Habería que poñerlle estes vídeos: http://www.youtube.com/watch?v=F651... http://www.youtube.com/watch?v=r6Je... O día 24 de Maio hai mobilizacións en toda Galicia en Defensa da Sanidade Pública convocadas pola Plataforma SOS Sanidade Pública

9 Walton

Este homiño perdeu definitivamente a cordura, se é que algunha vez a tivo. Desexemos que, xa que as eleccións non nos van librar del, polo menos o faga un accidente, unha enfermidade. Albertiño, dunha santa vez, reúnete con don Manuel e dixa de fodernos xa.