O desconto nocturno do 50% para as autoestradas A Coruña-Carballo e Puxeiros-Val Miñor aplicarase desde este martes

Trátase dun novo desconto nocturno para as dúas autoestradas autonómicas, que será de aplicación a partir do próximo día 1 de outubro en todos os traxectos que discorran entre medianoite e as 6,00 da mañá.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/09/2019 | Actualizada ás 12:53

Comparte esta noticia

A Xunta comezará a aplicar na madrugada deste martes os descontos do 50 por cento en horario nocturno nas peaxes das autoestradas A Coruña-Carballo (AG-55) e Puxeiros-Val Miñor (AG-57). As bonificacións serán de aplicación a todo tipo de vehículos que conten con telepeaxe e estarán activas de luns a domingo.

Trátase dun novo desconto nocturno para as dúas autoestradas autonómicas, que será de aplicación a partir do próximo día 1 de outubro en todos os traxectos que discorran entre medianoite e as 6,00 da mañá.

O convenio de colaboración entre a Xunta e Autoestradas de Galicia, que regula as subvencións das peaxes nas autoestradas AG-55 e AG-57, permite tamén manter as bonificacións do 25 por cento para itinerarios frecuentes, de volta no mesmo día, co uso da Vía-T.A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, pola suma destes dous descontos, deberá abonar á sociedade concesionaria neste ano 2019 preto dun millón de euros.

Peaxe, autoestradas, coches, peaxe, descontos, autovías, estradas.. XUNTA
Peaxe, autoestradas, coches, peaxe, descontos, autovías, estradas.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta