A Audiencia fixa para este xoves o xuízo contra catro acusados da desaparición de Villaverde Amil

A vista foi aprazada por terceira vez a mediados do mes de setembro ao non ser localizada a testemuña principal: a súa muller.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 01/10/2019 | Actualizada ás 13:22

Comparte esta noticia

A Audiencia Provincial de Pontevedra fixou para este xoves o xuízo contra catro acusados de ser os responsables da captura e desaparición de José Bernardo Villaverde Amil en novembro de 2010. A vista oral foi suspendida de novo a mediados de setembro ao non ser localizada en Bolivia a muller do desaparecido, que é a testemuña principal.

O caso procede do Xulgado de Instrución número 1 de Cambados e enmárcase na investigación dun posible axuste de contas contra este veciño de Pontevedra ao que se lle relaciona policialmente co narco José Antonio Pouso Rivas, alias 'Pelopincho'.

Os catro acusados son veciños da comarca de Arousa. Segundo o relato dos feitos recollido no escrito de acusación da Fiscalía, sobre as 12 horas do día 19 de novembro de 2010, dirixíronse ao domicilio de José Bernardo Villaverde, situado en Pontevedra, abordándoo cando este chegaba á casa coa súa muller e introducíndoo, aproveitando a confianza, nun coche co que abandonaron o lugar.

Os agora acusados reuníronse o día anterior nas proximidades dun hotel en Santiago de Compostela para "realizar os preparativos para a captura e desaparición" de Villaverde de quen non hai máis noticias desde que ás 14,00 horas do mesmo día da súa desaparición, lograse manter unha breve conversación telefónica coa súa esposa, á que lle dixo que chegaría pola tarde.

Tanto a vítima como un dos acusados foran investigados por un transporte frustrado de haxix ás costas galegas. Este xuízo fora inicialmente sinalado para o outono do 2018, pero foi aprazado para marzo e, posteriormente, a setembro deste ano pola incomparecencia da muller do desaparecido.

Audiencia Provincial de Pontevedra.
Audiencia Provincial de Pontevedra.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta