Feijóo di que a central térmica das Pontes non se pode pechar "sen máis, da noite para a mañá"

O presidente da Xunta acusa o Goberno central de non ofrecer medidas concretas para evitar a planta.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/10/2019 | Actualizada ás 19:50

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, lamentou que o Goberno central non puxese medidas concretas sobre a mesa para evitar o peche da central de Endesa nas Pontes. "Non pode pechar sen máis, da noite para a mañá, non ten sentido. Se se fai así, nin é transición (ecolóxica), nin é xusta", sentenciou.

Manifestación nas Pontes (A Coruña) en defensa do emprego na central.
Manifestación nas Pontes (A Coruña) en defensa do emprego na central.

Tras o Consello, Feijóo contrapuxo a "improvisación" da política enerxética do Executivo central coa "planificación" da Xunta, que este xoves aprobou a súa estratexia ante o cambio climático.

"Nós o que queremos é chegar á neutralidade climática en 2050 e mentres non se busquen mecanismos para As Pontes, o que non podemos é permitir que peche sen máis", incidiu, antes de destacar que Endesa acometeu un investimento de máis de 200 millóns en busca dunha redución de emisións.

Ao seu modo de ver, se o prezo do CO2 increméntase, hai medidas fiscais ou outras alternativas que se poden adoptar. Neste punto, insistiu en que o Goberno debe buscar vías concretas para que a factoría siga funcionando.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta