A CIG concéntrase fronte ao Santander, ao que acusa de facer unha "purga laboral" co ERE

Desde a CIG sinalaron que se está "presionando, coaccionando e mesmo ameazando" a determinado persoal para "instalo a que se marche".

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 04/10/2019 | Actualizada ás 14:24

Comparte esta noticia

Delegados da CIG no Banco Santander levaron a cabo este venres na Coruña unha xornada de mobilizacións ante a oficina principal da entidade e noutras distribuídas pola cidade herculina, para denunciar a súa política laboral.

En concreto, acusan o Banco Santander de levar a cabo "unha purga laboral" co expediente de regulación de emprego (ERE), a pesar de asegurar que "o principio de voluntariedade" ía caracterizar esta nova regulación de emprego.

Desde a CIG, sinalaron que se está "presionando, coaccionando e mesmo ameazando" a determinado persoal para "instalo a que se marche". A central sostén que, na maioría dos casos, son traballadoras acollidas a medidas de conciliación como a redución de xornada polo coidado de menores.

Ademais, acúsano de rexeitar "de maneira sistemática" moitas solicitudes de adscrición voluntaria ao ERE presentadas polo persoal de máis de 55 anos.

Para a secretaria da sección sindical da CIG, Rosa María Conde, non existe por parte da entidade "a voluntariedade da que falaron o banco e as organizacións sindicais que asinaron o ERE".

"A realidade é que o Santander está a seguir criterios puramente económicos para aplicar o expediente e botar a unha serie de persoas previamente sinaladas", apostilou coincidindo coa xornada de mobilizacións rexistrada este venres.

Protestas da CIG ante o Banco Santander da oficina principal da Coruña. CIG
Protestas da CIG ante o Banco Santander da oficina principal da Coruña. CIG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta