Multas por coidar dos animais

O Concello de Santiago multou xa a dúas persoas por dar de comer a animais abandonados, unha delas, unha xubilada á que se lle impuxeron 735 euros de penalización, máis do que cobra mensualmente. A asociación Abeiro pide axuda para esta muller.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 24/05/2012 | Actualizada ás 13:57

Comparte esta noticia

Foi o bipartito PSdeG-BNG quen aprobou unha normativa que permite sancionar económicamente a aquelas persoas que dean de comer a animais que se atopan na rúa. E, en base a esta normativa, xa hai dúas persoas multadas.

Se no ano 2010 foi unha veciña de Santiago a que tivo que facer fronte a unha multa de 750  euros por este motivo, agora, outra veciña da cidade, unha muller maior de 80 anos, é a que ten que pagar 735 pola comisión do mesmo "delito".

Axuda

Por iso, a asociación pola protección animal ABEIRO pide, novamente, a retirada desta lei, e que se penalice ás persoas que maltraten os animais e non ás que os axudan. "A primeira consecuencia desta medida é que esta persoa xa non se atreve a alimentar a eses gatos e gatas que dependían dela, polo que xa podemos imaxinar o destino que poden sufrir estes animais".

Por outra banda, a multa que se lle aplica 735 euros, é moi superior á pensión que percibe mensualmente. Por iso, piden aos veciños de Santiago a mostrar a súa solidariedade con  Carmen Mallo , rexeitando este tipo de medidas "represivas", e solicitando ao concello que leve a cabo outras prácticas de benestar animal "máis acordes co tempo no que vivimos". A"gardamos que o concello retire a multa, de non ser  así, solicitamos a colaboración cidadá para axudar a esta muller", suliñan. A xente que o desexe pode realizar a súa aportación na conta da asociación Abeiro, indicando "axuda a Carmen Mallo" , no número  0128 0110 21 0100041331, ou ben persoalmente na Tenda Vegana Herbas, na rúa Pitelos 26, baixo, de Santiago.  

A lei

Esta asociación sinala que a lei de protección animal no artigo 20,  apartado f) considera  unha infracción leve  non facilitarlle a alimentación adecuada as súas necesidades(falando dos animais). "Pois ben, dacordo coa lexislación, o sr. Currás debería poñerlle unha multa ao concelleiro responsábel desta situación  por non facilitar a alimentación axeitada aos gatos e gatas que viven nas nosas rúas,  e mesmo impedir que veciños e veciñas da cidade cumpran con este punto da lei".

None

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 23 comentarios

6 viki

Es una verguenza que la policia ande detrás de la gente que le da de comer a los pobres animalitos abandonados , bastante tienes ya con su condición de abandonados y tener que lidiar con los aprensivos que andan por las calles maltratándolos. Si fueran detrás de los delincuentes.... mejor nos iria a la sociedad!! Estoy indignada con estas noticias... vaya gobernantes que tenemos, eso sí, en época de elecciones prometen y prometen... pero después se les ve el tipo de personas insensibles que son... Nos les voten que eso es lo que más les duele... Una persona que no tiene sensibilidad hacia los animales tampoco la tendrá hacia la gente más humilde. Eso está claro...

5 galiza ceive

galiza ceive

4 Responsabilidade

É unha cuestión de hixiene, non humanitaria nin animalista. Se lle gustan os gatos, que os leve para a casa, que os vacine e os coide. Darlles de comer na rúa non é responsabilizarse destes animais senón que é favorecer a súa reprodución nun ambiente inadecuado. Se realmente os quere tanto, para a casa. Se aos cativos educamolos para que se teñen un can se fagan responsables del, aos nosos maiores tamén haberá que facelos responsables dos seus actos. Non digo que a multa sexa acorde, pero que non debería facer iso si.

1 responsabilidade, de quen?

Alimentar aos gatos da rúa si é unha cuestión animalista, non unha cuestión de hixiene, A xente lixa moito máis a rúa e o planeta que as persoas que nos preocupamos do benestar de calquer ser vivo.A xente que se preocupa dos animais abandonados non ten porque "levalos para a casa e coidalos", cre vostede que por moito que coidemos aos animais podemos levar os milleiros de gatos abandonados que viven nas nosas rúas? Iso é demagoxia. As institucións deben ser as únicas responsábeis de velar polo benestar dos animais abandonados, e non as persoas a nivel individual. E somos moitos e moitas quen adicamos moito tempo e diñeiro a recoller, castrar e dar asistencia veterinaria a moitísimos destes animais ante a pasividade das institucións.

2 Hermerico

Podes estar seguro/a que já tem um feixe deles na casa. Higiene é nom deitar ao lixo o dinheiro como fam as administraçons e que oe refugios de animais nom sejam umha miséria nem o corredor da morte.Os animais nom votam.

3 Estresao por sacar o can

Nembargantes, o levar ceibos cans potencialmente perigosos non é perseguido polo concello de Santiago. Os propietarios de cans pequenos ou mansos son multados do mesmo xeito (ou máis) que os que levan ceibos machos de perto de 40 kgs ou máis. Moi agresivos, que mesmo fan fronte ás persoas... calquera día vai haber unha desgraza no xardín de Galeras é zonas lindeiras ou nos paseos do Sarela. A xente que ten cans mansos nestas zonas ten que sair a pasear con paos e a piques do "stress". Entre a irresponsabilidade e mailo egoismo dos donos dos cans e a permisividade do concello calquera día, repito, vai haber unha desgraza. De feito estase a falar de facer mobilizacións para visualizar este problema.

1 gralla

(...) Galeras e zonas lindeiras (...)

2 Superespantado

E tí...¿non seras desos que moito predicas aqui e despois se ves a un guardia multando a un deses irresponsables que levan o caqn ceibo montas bulla e protestas porque "no hai derecho".

3 Estresao por sacar o can

Otia, un gilipoyas...Pois non, non son eu. Por certo, eu non predico aqui... eu o que quero é que me digas onde esta o problema da miña argumentación... pero tamén eu che predico na túa cara se me dis quen es. Dismo na cara se tal, hoxe na aba do Monte Pio. Agora mesmo son as 17.06. baixo en media hora.

4 Superespantado

Pois alí nos veremos. Ti leva cervexas e viño e eu levo as empanadas e a tortilla (o pienso pos cáns levo tí; se tal pagámolo a medias). POr outra banda, como parece que se che dan ben os insultos dime un que che guste para que te poida insultar eu a tí.

5 Estresao

onte non viñeches... a min que xa me cantaba no papo a tortilla e maila empanada. A min pódesme insultar chamándome "senhoría" ou "maxestade".

6 Superespantado

Estresado, Senhoría ou maxestade: Pa mín que te suplantaron porque eu baixei as empanadas e as tortillas e vin sentado nun banco un rapas con un can, unha flauta e dous cartóns de viño e pregunteille se estaba estresao contestando élñ que si. Seguidamente comemos e bebemos.

2 Sasar

Esto tamén será a tirania dos mercados non? Aih non, que o q pon as multas é o estado...