Temas: FRASEOLOXíA

“A requichas”, equivalente, entre outras, ó castelán “a hombros”

O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía "Verbas sisudas non queren testemuñas".

Por Xosé Antonio Pena | Compostela | 20/10/2019 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

E rematamos hoxe con esta restra de locucións que, principiadas no artigo “a cachapernas”, “a/ás carranchapernas” ou “a/ás carranchas”, pero non *“a horcaxadas”, presentan significados semellantes entre si ou que mesmo se poden solapar e compartir espazos de uso. Metémonos, pois, desta volta, coas locucións galegas equivalentes ás castelás a hombros ou en hombros naqueles casos en que fornecen a significación de “montado ou sentado coas pernas abertas (isto é, a cachapernas) encol dos ombreiros de alguén”.

LAV 2012 www.senunpeso.org
LAV 2012 www.senunpeso.org

A hombros && En hombros

{= Montado ou sentado alguén, coas pernas abertas (isto é, a cachapernas), encol dos ombreiros dunha persoa.}

A requichas

[E MAIS]:

A # Ós # En # Nos ombreiros && A # Ós # En # Nos ombros

Ex.: Tras ganar el título, sus fans lo llevaron a hombros a recoger el trofeo.

Tras gañar o título, os seus fans levárono a requichas a ombreiros en ombreiros a ombros ós ombros a recoller o trofeo.

● Tamén, como variantes de a requichas non recolleitas actualmente na norma:

Ó requicho && Ó arrequicho && A arrequicho

● E mais tamén:

Ó carrancholo && Ó sentinolo

Ex.: Tras gañar o título, os seus fans levárono ó carrancholo ó sentinolo a recoller o trofeo.

● E inda tamén, tal e como se recollía no artigo “Ás cabaliñas”, “ó cabalete” ou “ás cabaleirolas”, equivalentes, entre outras, ao castelán “a caballito”, e como locucións hiperónimas, na medida en que poden expresar un significado máis amplo:

A # Al caballito && A caballo

Ás cabaliñas && Ó cabalete && Ás cabaleirolas && A cabalo && De a cabalo && [E MESMO]: A # Ó cabaliño && Ó san cabaliño && A # Ás cabaleirogas && A # Ás carramulas

NOTA:

As expresións galegas están tiradas das seguintes fontes:

- Recolleita propia da oralidade galega.

- Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).

- Carré Alvarellos, Leandro: Diccionario galego-castelán. De entre 1928 e 1931. Publicado por entregas en 1926. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Franco Grande, Xosé Luís: Diccionario galego castelán e vocabulario castelán-galego (2ª edición). Publicado en 1972. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- García González, Constantino: Glosario de voces galegas (1985). Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Ibáñez Fernández, José: Diccionario galego da rima e galego-castelán. Publicado en 1950. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Martíns [antes, Martínez] Seixo, Ramón Anxo: “Hai cousas que parecen lousas. Unha nova achega á fraseoloxía do Cachafeiro”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 18, 2016, páxs. 211-247. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Porto Rey, Francisco: Diccionario gallego-castellano. Publicado en 1900. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Real Academia Galega: Dicionario da Real Academia Galega (versión en liña).

- Rivas Quintas, Elixio: Material lexicográfico da súa elaboración consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina):

a. Frampas, contribución al diccionario gallego, publicado en 1978.

b. Frampas II, contribución al diccionario gallego, publicado en 1988.

c. Frampas III, contribución al diccionario gallego, inédito e cedido polo autor para o Diccionario de diccionarios da lingua galega.

- Rodríguez González, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego castellano, vols. I (1958), II (1960) e III (1961). Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Sobreira Salgado, Juan: Material lexicográfico elaborado por Juan Sobreira Salgado entre 1787 e 1805. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

Temas: FRASEOLOXíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta