Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/10/2019 | Actualizada ás 20:07
Grupo Común da Esquerda cualificou de "inadmisible" que Ourense continúe sendo a única provincia galega que non conta cun centro de atención a persoas con diversidade funcional, cuxa licitación foi "atrasada" por parte da Xunta, que "agora en período electoral di que en 18 meses estará construído, pero non aclara se a xestión será pública".
Así se pronunciou a deputada de Común da Esquerda Ánxeles Cuña tras manter unha reunión con dous pais da Plataforma Prol Centro para a Atención a Persoas con Diversidade funcional de Ourense, segundo recolle un comunicado do grupo parlamentario emitido este mércores.
"É inadmisible que Ourense non conte cun centro destas características. Defenderemos un centro de titularidade e xestión públicas, tal como reclaman tamén as familias, e tentaremos evitar que a Xunta non o leve adiante de forma electoralista baixo unha xestión privada, xa que non están a ser moi claros co modelo que defenden", engadiu a parlamentaria Paula Quinteiro, tamén presente no encontro.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.