A IV edición do Club Estrella Galicia programará 60 actuacións nas salas galegas

A Asociación Galega de Salas de Musica ao Vivo, Clubtura e Estrella Galicia renovan un ano máis a súa alianza para apostar polo talento musical galego.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/10/2019 | Actualizada ás 14:08

Comparte esta noticia

A IV edición do Club Estrella Galicia programará un total de 60 actuacións ata maio de 2020 en salas galegas, nas que actuarán artistas de longa traxectoria, como Moon Crista; e novas propostas musicais, como Allova ou Nítido.

Deste xeito, a Asociación Galega de Salas de Musica ao Vivo, Clubtura e Estrella Galicia renovan un ano máis a súa alianza para apostar polo talento musical galego.

Na presentación celebrada este xoves na Coruña, o responsable de Patrocinios Musicais da compañía, Victor Martiñán, destacou que este ciclo serve para salientar que Estrella Galicia ten "conciencia" de empresa galega, e aposta por bandas que teñen unha gran proxección.

Pola súa banda, o presidente de Clubtura, Alberto Grandío, apuntou que esta iniciativa supón un "importante respaldo" ás salas de concertos das catro provincias, que "son o motor da cultura musical máis próximo ao público e o inicio de calquera banda".

Os primeiros concertos confirmados son os de Andhrea & The Black Cats + Airline (Café Teatro Bajo 5, O Barco), The Pretty Shirts + Nítido (JJ Copas, Ponteareas), Pardo + Sabela King & The HeartBreakers (La Pecera, Vigo), Cora Velasco + Allova (A Ventana, Laxe), Balea's + The Broke (El Contrabajo, Vigo), Conducto Coloquio + Frying Luras (Clavicénvalo, Lugo), Moon Crista + Frying Luras (Mardi Gras, A Coruña) e Leo Burke + Sleeping Cat (Sala Moon, Santiago).

The Limboos en Vigo con Son Estrella Galicia
The Limboos en Vigo con Son Estrella Galicia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta