Temas: DATOS LIBERA CAZA

Libera pide que a asistencia médica do cazador ferido no Barco sexa custeada polo seguro privado

Tacha de "lamentable" o uso de recursos públicos para unha actividade "rexeitada socialmente".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/10/2019 | Actualizada ás 11:02

Comparte esta noticia

Libera pediu que a asistencia médica do cazador ferido o domingo nunha perna no municipio ourensán do Barco sexa custeada polo seu seguro privado e non polo "conxunto da cidadanía".

Nun comunicado, a entidade animalista lembra que os cazadores deben subscribir seguros de responsabilidade civil que cubran todas as súas continxencias, á vez que tacha de "lamentable" o uso de recursos públicos para unha actividade "rexeitada socialmente".

A este respecto, apunta que esta situación "mobilizou máis recursos públicos que o triste desenlace de Donzón (Pontevedra)", en referencia ao home falecido despois de que unha ambulancia tardase tres cuartos de hora en aparecer.

Así mesmo, critica que o Sergas "non quere facer públicos os datos de intervencións relacionadas con actividades cinexéticas" co fin de "evitar que se coñeza o montante real de medios públicos que se dedica a unha actividade minoritaria e que só crea risco". Cifra en 14 os falecidos por caza en Galicia desde 2008.

Xunto a isto, Libera empraza a afastar os menores das cazarías, mentres lembra que miles de firmas piden que non participen para "evitar desenlaces fatais".

Cazador cazando
Cazador cazando

Temas: DATOS LIBERA CAZA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta